Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mónica de Nut

Mónica de Nut é unha cantante moi versátil, atrévese co jazz, a música de raíz, a experimental e mesmo coa ópera. Á parte de cantante, tamén é actriz e licenciada en danza contemporánea pola Escola Superior de Canto de Madrid. Participou en diversas formacións musicais, óperas e teatro musical e conta cun disco a trío, Mónica de Nut trío.

Mónica de Nut vén ben acompañada por Virxilio Dá Silva, guitarrista formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e na ESMAE do Porto. Virxilio creou numerosos proxectos dentro do jazz e do rock e ten un gran talento como improvisador.

Galego

Sisters in the house

É un proxecto musical integrado por 18 cantantes coruñesas e dos arredores que uniron as súas voces para ofrecer un espectáculo tan único como innovador.  Carmen Rey (piano e dirección musical) e Ángeles Dorrio (dirección administrativa) están á fronte desta banda que conta con vocalistas procedentes de diferentes estilos: do rock, jazz, funky, soul e mesmo da fusión. Michael Jackson, Ray Charles, Stevie Wonder ou Beyoncé son só algúns dos artistas que versionan.

Galego

Soultrack

Soultrack xorde como un proxecto que trata de revisar e facer un respectuoso percorrido pola música soul da segunda metade do século XX. Céntrase especialmente nas décadas dos anos 60 e 70 e busca, sobre todo, o son Motown. Os temas que fixeron grande a esta discografía son versións de artistas desde Stevie Wonder e The Temptations pasando por Aretha Franklin ata Marvin Gaye.

Galego

Momentos Alhambra: Acústiquísimos- El Kanka

Unha viaxe sonora entre dous portos de acollida. Un horizonte repleto de lendas. Concertos con sabor a sal nos que Cervexas Alhambra convídache a descubrir creacións auténticas e memorables que están feitas para gozar cos cinco sentidos. Así é a xira Alhambra: Acustiquísimos Edición Atlántica 2020, que trae ao Hall do Auditorio Mar de Vigo ao Kanka e a McEnroe.. 

Galego

Regreso á pasión (Gala Lírica Dramatizada)

Aos poucos imos volvendo á rutina, á (nova) normalidade. Gústanos regresar e reencontrar sensacións pasadas, aquelas que criamos esquecidas pero que, no fondo, sabiamos que estaban aí.  Volver á ópera é regresar á emoción, ao sentimento e, sobre todo, á PAIXÓN.

Ismael Jordi (tenor)

Mariña Comparato (mezzosoprano)

Sonia de Munck (soprano)

Javier Franco (barítono)

Felipe Bou (baixo)

Juan Abalde (tenor)

Isabel Naveira (actriz)

Dirección musical e piano.- Manuel Coves

Dirección de escena.- Ignacio García

Galego

Depedro: Érase unha vez

Despois dunha exitosa xira Todo vai saír ben con máis de 100 concertos nos cales o 80% deles con entradas esgotadas, Depedro embárcase nun novo proxecto baseado no seu último disco de estudo dedicado á infancia Érase unha vez e os seus grandes éxitos levamos a un formato íntimo e próximo creado exclusivamente para teatro e auditorios.

Galego

VII Ciclo Música de Cámara: Tomás Alegre

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e a Escola Superior de Música Reina Sofía organizan a sétima edición do ciclo 'Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Hmanidade'. Este concerto enmárcase neste ciclo de música de cámara e celebrarase no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. 

Tomás Alegre, piano. 

Obras de G. Enescu, E. Granados, A. Piazzola e R. Schumann.

Galego

Septimino e Serenata para frauta, violín e viola - Profesorado e alumnado da Orquestra da USC

Concerto pertencente ao ciclo 'Metáforas do Silencio'. Este ciclo de concertos de música de cámara de Ludwig  van Beethoven pretende homenaxear ao compositor, director de orquestra e pianista alemán no 250 aniversario do seu nacemento.

A entrada é gratuíta, pero seguindo os protocolos COVID-19, as persoas interesadas en asistir ao concerto deberán reservar praza chamando ao 881 81 10 18 ou 881 81 11 03, en horario de luns a venres entre as 9.00 e 14.00 horas, desde unha semana antes da celebración do concerto.

Galego

Cuartetos de corda - Elina Viksne, Kiyoko Ohashi, Timur Sadykov e Alisa Lewin

Concerto pertencente ao ciclo 'Metáforas do Silencio'. Este ciclo de concertos de música de cámara de Ludwig  van Beethoven pretende homenaxear ao compositor, director de orquestra e pianista alemán no 250 aniversario do seu nacemento.

A entrada é gratuíta, pero seguindo os protocolos COVID-19, as persoas interesadas en asistir ao concerto deberán reservar praza chamando ao 881 81 10 18 ou 881 81 11 03, en horario de luns a venres entre as 9.00 e 14.00 horas, desde unha semana antes da celebración do concerto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto