Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Zënzar + Os Residuos Atractivas

Este ano quedamos sen rosca, pero non podemos quedar sen a visita dos “padriños” do rock galego.
ZENZAR “rock en galego” virá presentar o seu novo traballo “Benvidas ó futuro”.
Estarán acompañadas das nosas “afilladas”!!!
Os Residuos Atractivas abrirán a noite!!!
Entradas a venda na cantina das Pedriñas ou tamén poderás reservar enviando un mail a reservasrebullon@gmail.com

Galego

Susana Seivane

Nada en Barcelona no ano 1976, Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo "enxebre" de vellos gaiteiros.

Galego

Broken Peach Samaín

Podería dicirse que somos unha banda, podería dicirse que somos un coro, ou podería dicirse que somos un espectáculo para nenos e adultos e a verdade, podería dicirse que somos un pouco de todo. Creamos unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarnos das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretamos. A nosa formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano.

Unha das nosas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes.

Galego

Ars Poliphonica

O sábado 7 de decembro ás 19 h, o auditorio do Centro Sociocultural da Coruña recibe á coral Ars Poliphonica con motivo da presentación dun disco de música coral que combina o estilo renacentista, culto e litúrxico con versións de temas modernos: Sacra et profana. A entrada será libre ata completar o aforo.

Galego

Espido

Espido é un dúo musical formado Guadi Galego e Guillerme Fernández. O grupo nace como fusión por rozamento melódico-harmónico dos dous músicos e materialízase na publicación dun disco en 2005 titulado Espido. Este traballo está formado por nove cancións propias, dúas adaptacións de temas tradicionais e unha composición de Ugia Pedreira nas que Guadi Galego pon a voz e Guillerme Fernández toca a guitarra.

Galego

Mónica de Nut

Mónica de Nut é unha cantante moi versátil, atrévese co jazz, a música de raíz, a experimental e mesmo coa ópera. Á parte de cantante, tamén é actriz e licenciada en danza contemporánea pola Escola Superior de Canto de Madrid. Participou en diversas formacións musicais, óperas e teatro musical e conta cun disco a trío, Mónica de Nut trío.

Mónica de Nut vén ben acompañada por Virxilio Dá Silva, guitarrista formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e na ESMAE do Porto. Virxilio creou numerosos proxectos dentro do jazz e do rock e ten un gran talento como improvisador.

Galego

Sisters in the house

É un proxecto musical integrado por 18 cantantes coruñesas e dos arredores que uniron as súas voces para ofrecer un espectáculo tan único como innovador.  Carmen Rey (piano e dirección musical) e Ángeles Dorrio (dirección administrativa) están á fronte desta banda que conta con vocalistas procedentes de diferentes estilos: do rock, jazz, funky, soul e mesmo da fusión. Michael Jackson, Ray Charles, Stevie Wonder ou Beyoncé son só algúns dos artistas que versionan.

Galego

Soultrack

Soultrack xorde como un proxecto que trata de revisar e facer un respectuoso percorrido pola música soul da segunda metade do século XX. Céntrase especialmente nas décadas dos anos 60 e 70 e busca, sobre todo, o son Motown. Os temas que fixeron grande a esta discografía son versións de artistas desde Stevie Wonder e The Temptations pasando por Aretha Franklin ata Marvin Gaye.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto