Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Stars of Gospel Choir con Bridget Bazile e Vincent Balse

Star Of Gospel é algo mais que un espectáculo musical. Trátase dunha experiencia que non deixa a ninguén indiferente. Enraizado na secular tradición afroamericana, o gospel non se deixa encasillar exclusivamente como unha corrente musical entre outras. Por encima de todo é unha mensaxe de esperanza, unha promesa de días mellores e unha cultura de partición comunitaria.

Galego

Pangea

PROGRAMA

1.- OCEANIA

2.- CHINA

3.- AMERICA

4.- AFRICA

5.- NORTE DE AFRICA

6.- ARMENIA

7.- BULGARIA

8.- COSTA ATLÁNTICA

 

Abraham Cupeiro, instrumentos ancestrais

Casiano Mouriño Maquieira, director

Galego

Garcia MC

García Mc iníciase rapeando letras propias con 13 anos. Aínda na adolescencia empeza a formar parte do proxecto musical rapero Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao final desta aventura. É ademais un dos fundadores do afamado Colectivo Hip Hop Deus Ke Che Crew en 2003, co que realizan amplas xiras por Galicia, toda España ou Cuba. Publican diversos traballos discográficos, o último deles con Boa dado o impacto do seu primeiro disco ?Xénese?.

Galego

Henderstons

HENDERSONS dedícanse á captura en grao sumo exquisito do repertorio de THE BEATLES, especialmente de cando aínda non levaban bigote. A expedición está formada por Joaquín Morgado (guitarra e voz), Alberto Lopo (guitarra e voz), Julio Llorca (baixo e voz) e Paco Araujo (batería e voz).

Galego

Santo Rostro

Desde Xaén preséntansenos Santo Rostro como unha lisérxica experiencia de culto ao riff monolítico e ao mal rollo procedente do fume verde, todo iso elaborado con coidado e moito, moitísimo sabor.

Galego

Mad Martin Trío

A banda empezou en abril de 2014. Tocan un rock & roll clásico. Fai xa case catro anos desde que debutaron coa presentación de It Was A Very Good Year (2014), tema talismán do trío. desde entón, publicaron Seven Lucky Shots (2014) editado en España por Molusco Discos e ?Time To Go Mad (2015), un longo que inclúe 14 temas publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. Eileen, incluído en Time To Go Mad foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa O Soto de Radio3 de Diego R.J.

Galego

Xoana

Unha voz poderosa como unha diva soul e versátil como unha estrela pop é a mellor definición para a súa carta de presentación. Súmase a este envoltorio letras reivindicativas escritas pola súa nai ás que a cantante viste nunha variedade de xéneros que van desde o rock, ao funk e ao jazz, cos que pode mostrar a forza sublime e calidade do seu rexistro.

Galego

Dados - Corufest 2020

Unha noite despois de pechar, X disponse a gravar o seu podcast cando aparece un tipo maior que precisa mercar un agasallo para a súa moza, case como unha cuestión de vida ou morte. O tipo faise chamar Y. A medida que avanza a conversa X e Y comproban que teñen máis en común do que aparenta, ata o punto que acaban por xogar unha partida de rol que será crucial para ambos.

Galego

Allova + Terrae + Juanma Lodo

Influenciado por trip-hop e música electrónica, en busqueda dunha mestura experimental coa voz e piano, o proxecto Allova ten á fronte a compositora,

cantante e pianista, fincada entre A Coruña e Madrid, que empezou no mundo da música con moi temperá idade. Deixando atrás a súa dedicación á música clásica

e jazz, Allova ten agora unha necesidade de expresarse na súa música e mostrar ao público as súas propias creacións no primeiro EP.

Galego

Tito Ramírez

Cando en novembro de 2016 Anteface Records lanzou un teaser de Tito Ramírez, un artista misterioso do que non existía información na Rede, moitos pensaron que aquel portento do ritmo sabrosón era froito dunha operación de espeleoloxía dentro do catálogo polvoriento do selo Vampi Soul. Ninguén acertou se se trataba dun tema recentemente facturado ou dunhas gravacións perdidas que vían a luz en homenaxe a un vello príncipe destronado do boogaloo máis arcaico e irreverente. Lonelyman esgotouse en só catro días.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto