Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Acervos Sonoros

O cuarteto Caramuxo (17 de outubro) ofrécenos música a partir de melodías tradicionais galegas recollidas en cancioneiros antigos e adaptadas aos tempos actuais tomando como base o concepto do goce da música.

Pola súa banda, Maneiro en Acústico (24 de outubro) chega para poñer en valor a palabra e o sentimento: as súas composicións amosan unha riqueza estilistica que o sitúan no mapa compositivo nacional por méritos propios.

Galego

Coro Diapasón

No verán do ano 2010 coinciden nun obradoiro de música Coral contemporánea que se celebra en Ferrol , os integrantes de dous coros que se están formando nesa mesma cidade , un deles xuvenil , co mesmo director . A boa comunión entre ambos grupos fai que se unan e o resultado recibe o nome de Diapasón .

Galego

Xoan Curiel

Xoán Curiel nace en Fonsagrada, na montaña de Lugo, a noite de San Xoán do ano 1975.

No ano 1998 trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actor, músico e cantante. Fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas en Santiago, Barcelona e Madrid, mentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor.

Galego

Vento Dolce: Noites de ópera zarzuela e algo máis

Soprano lírico lixeira que nace en Tomelloso (Ciudad Real). Con 14 anos ingresa na Coral do Conservatorio de Tomelloso, con quen participa en obras como os valses de Brahms, o Gloria de Vivaldi, a Misa da Coroación e o Requiem de Mozart, o Mesias de Haendel ou o Carmina Burana de Carl Orff. Nesta etapa descobre a súa paixón polo canto lírico e fai as súas primeiras interpretacións como solista amateur no ámbito coral.

Galego

Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina

En 1978 nace a Asociación Cultural Xacarandaina co obxectivo de “educar para o mellor disfrute do lecer”. Durante estes anos a Asociación aumentou e medrou, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estean incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior, aínda que o espírito segue sendo o mesmo co que foi creada, sendo unha entidade que ofrece servizos á mocidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto