Kalte Sonne
Kalte Sonne son un trío lugués composto por Miguel (baixo), Víctor (batería) e Mufi (guitarra). A banda xorde en 2013, con Miguel, Víctor e Javi Miranda (involucrado en proxectos diversos tales como: Art of Lament, Bristol, Crazy Breed, Dead Flag, Dixital Quail, Experipecies, Pressences ou TFL). Aínda nos comezos incorporouse Anxo, que coincidira anteriormente noutras bandas con Miguel e Víctor. Con esta formación editouse The Hum (2014). En 2014 Javi deixou a banda e coa efémera incorporación de Hadrián (Black Goat, The Last Twilight, HÆC) gravamos Terra Incognita (2015).

