Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cantas verbas

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 programa esta xornada que busca revisitar a nosa tradición poética e músical a través dunha mirada contemporánea, un punto de encontro para a palabra e a música, a tradición e a experimentación, o folclore e a vanguardia, propiciado por tres traballos de creación e investigación que poñen en valor a nosa lingua, a nosa poesía e os nosos sons.

Reserva de entradas: reservas.gal

Galego

A Roda

Estes concertos programados polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 darán a coñecer, mediante un repertorio variado de temas tradicionais, os diferentes xéneros que conforman a música galega; é dicir, o repertorio da tradición oral. Muiñeiras ou pandeiradas, foliadas, alalás, valses, pasodobres… están representados nos diferentes temas que interpreta A Roda en directo.

Galego

Deixaas

Tres mulleres e tres músicas interpretando unha composición sonora en formato circular, contemporánea e electrónica única no mundo que ten as súas orixes no noso patrimonio inmaterial musical, simbólico e lingüístico.

Trátase dun traballo que amplía o universo creativo da autora combinando artesanía musical e vangarda creativa e que xorde como resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Mercedes Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína.

Reserva de entradas:

Galego

O que levamos nas maletas

Magín Blanco, o coñecido cantante de música infantil que xa ten participado con éxito no FalaRedes con A nena e o grilo, A nena e o grilo nun barquiño ou A nena e o grilo máis aló, volve ao noso programa de dinamización lingüística cun percorrido musical e lúdico para nenos e nenas a partir dos 3 anos centrado nas súas últimas cancións.

Galego

Julián Mayorga

Tras sumar, durante 2019, un par de placas á súa discografía cos proxectos colaborativos Flash Amazonas (xunto ao xaponés Ryota Miyake) e Illas Atlánticas (co colombiano Andrés Gualdrón), Julián Mayorga volve cun novo EP de catro cancións. La fiesta de transmigración (2020) foi composto e gravado durante a actual corentena global. Desde o seu centro de operacións en Madrid, Julián ideou e produciu catro cortes musicais que resoan a cumbia vella e vallenato clásico, e que se mesturan co son particular e burlón que caracteriza os recentes traballos do sátiro ibaguereño.

Galego

Rafael Lechowski

O canto de amor á vida é o título do novo disco de Rafael Lechowski . O seu son é un regreso á orixe á vez que a orixe de algo completamente novo e propio. A obra é unha profunda homenaxe á vida e á grandeza das cousas sinxelas, e o que o autor considera como o seu traballo máis importante ata a data.

Coa súa xira percorrerá España e Latinoamérica presentando O canto de amor á vida  e facendo repaso doutros clásicos como Onde doe, inspira. 

 

Galego

Mourn + Grises

MOURN comezou como unha colaboración entre as guitarristas e vocalistas Jazz Rodríguez Bo e Carla Pérez Vas, dous adolescentes do Maresme, Cataluña, España. Cando se coñeceron na escola, a súa afección compartida polo indie rock dos 90 levounas a facer música xuntas. Subiron vídeos das súas cancións acústicas na internet. Para gravar o seu primeiro álbum, MOURN converteuse en cuarteto, engadindo á baixista Leia Rodríguez Bo (que só tiña 15 anos cando se uniu) e ao baterista Antonio Postius (que actualmente non forma parte da banda).

Galego

Will Johnson

O músico norteamericano Will Johnson visitará España durante o mes de outubro para ofrecer seis concertos, visitando Galicia o 19 de outubro cun concerto en Ourense.

Will Johnson foi o líder dos grupos Centro-matic e South San Gabriel, e editou o seu primeiro disco en solitario «Murder Of Tails» no ano 2002. O músico, que ademais é pintos e debuxante, presentará os temas do seu último disco «Wire Mountain» publicado en 2019 no que segue co seu folk-rock dotado unha gran forza sensitiva.

CANDO: Oct 19, 2020 ás 21:00h
ONDE: Ourense (sala por confirmar)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto