Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo

"Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.  Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público. Pakolas tamén nos presentará a súa máquina do tempo no directo

Galego

Volta ao xogo

TIAM Gz combina iso que a xente tanto bota en falta, e iso que á xente tanto lle gusta: positividade, colectividade e xustiza social. TIAM Gz combina nos seus temas compromiso e festa. A súa música leva ao público dende as cancións máis reivindicativas ata as sonoridades máis bailables. “Volta ao xogo” é so un adianto de todo o que está por vir: un novo EP que sairá en verán con sos electrónicos. Ata o momento, TIAM Gz contaba cun álbum chamado [De] Construción (2021) no que se mesturan diferentes estilos: hip-hop, pop, acústica, trap, etc.

Galego

Concerto en acústico

Silvia Penide celebra unha xira moi especial. XX Anos de carreira musical. Acaba de recibir os premio "Alas en tus pies" no Hostal dos Reis Católicos pola súa traxectoria profesional. E acadou en 2016 e 2020 os Premios Martín Codax nos apartados de Indie Pop e Canción de autor, estilos nos que se move durante os seus directos. Tamén puxo a música na Gala dos Premios Mestre Mateo 2023.

É un concerto en lingua galega pero moitas das cancións son en castelán. As presentacións e algunha das cancións son en galego.

Galego

Vacacións en Ornanda

Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico de Momboi. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. En total, 12 cancións que a banda compartiu xa nos seus directos, que gravaron no estudo de MaySound Producións con Ángel Morandeira e masterizaron con Cem Oral en Berlín. “As letras e a música deste disco buscan conectar co medio natural e co noso lado máis humano”.

Galego

Na lírica Emoción

A Quenlla, unha vez constituídos comezan unha nova andaina e parten da musicalización e gravación dos 10 temas de Martín de Padrozelos, quizais un dos primeiros trobadores da nosa lírica medieval. Un trobador no Camiño que nos sorprendeu con 9 cantigas de amigo e 1 de amor. Feita a gravación, estamos a espallar esa obra e a realizar concertos de variada temática e con temas antigos e de nova incorporación, tamén con novos autores.

Galego

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Galego

Música Miúda en concerto

“Música Miúda” é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez. Neste proxecto mesturan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, cunha perspectiva de xénero e de promoción da nosa lingua. Veñen de publicar o seu primeiro libro-disco, "Cambia o conto" (Galaxia, 2022).

Galego

Xira 30 aniversario

Os Carunchos nace a  finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.

Galego

Camiños do fado

O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña leva varios anos de exitosa andaina, nos que mostraron o seu traballo de versións e temas propio, actuando en todo tipo festivais, actos culturais e salas de toda a xeografía peninsular.
Actualmente presentan en directo o proxecto Camiños do Fado; un concerto no que experimentan cos distintos estilos de fado, poñéndoo en diálogo con outras músicas, como a cantiga galega e a música brasileira, entre outras, ofrecendo unha visión ampla do que o fado supón, a partir daqueles aspectos que comparte con outros estilos musicais.

Galego

De Amália a Chavela

Cantante galega, especializada en fado e músicas de raíz, que conta  cun amplo percorrido no ámbito musical, tanto como intérprete como  creadora de múltiples proxectos, destacando Clave de Fado ou   Arifi (gañadores do Burgos, raíz  e evolución, 2017), presenta “DE AMÁLIA A CHAVELA”emotivo espectáculo, a música convértese no ponte que une a dúas lendarias figuras femininas: Amália Rodrigues e Chavela Vargas. Estas artistas desafiaron convencións sociais e culturais, deixando un legado perdurable na historia da música.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto