Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Real Filharmonía de Galicia-Os elementos

Discípulo de Lully, o compositor barroco Jean-Féry Rebel foi o director do aclamado conxunto Les 24 violons du Roi. A súa obra Les Élements percorre en sete seccións o singular camiño que vai desde o caos inicial á orde e beleza que os catro elementos traen ao universo: as frautas representan a auga e o aire; o baixo, a terra, mentres que os violíns simbolizan o lume. Este programa prosegue coa suite da ópera Céphale et Procris, da compositora e famosísima clavecinista Elisabeth Jacquet de la Guerre, obra que a fixo célebre no París de 1694.

Galego

Real Filharmonía de Galicia-Desafiantes

Unha temporada que ten como lema Inconformistas tiña que dedicar un lugar salientable a Beethoven, quen asumiu enormes riscos construtivos e estéticos, renovando tanto a linguaxe musical como o sentido ético da existencia. Do seu ballet As criaturas de Prometeo só se conserva a música, na que a abertura é unha parte esencial. Inconformista foi tamén Marianne von Martinez, quen, a pesar do seu recoñecemento como compositora, nunca puido ocupar un posto profesional como o de Konzertmeister, cargo que si ostentou o seu compatriota Mozart.

Galego

Real Filharmonía de Galicia-Estrelas Fantásticas

Raquel García-Tomás é a compositora en residencia da presente temporada; a súa obra Las constelaciones que más brillan ofrece unha ollada luminosa ao cosmos, con sons agudos de estrelas e graves de nebulosas, e con Ravel como luz inspiradora. Szymanovski, o compositor polaco máis importante despois de Chopin, evoluciona desde o impresionismo ata a música de raíz popular alla maniera de Stravinski; un exemplo é o Concerto para violín núm. 2, de 1933, unha explosión de alegría a pesar da tristeza da súa vida persoal e política.

Galego

Real Filharmonía de Galicia-Ecos Sinfónicos

O compositor galego Eduardo Soutullo —Premio Nacional de Música no ano 2023— abre o concerto con All the echoes listen, unha partitura na que o desexo de liberdade e de exquisitez sonora latexa nas tres partes que a conforman. Moito máis apegado ás súas raíces, Vaughan Williams deixou unha extensa obra, da que a Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis, que comparte a idea dos ecos da primeira obra deste programa, ficou no imaxinario como unha obra netamente británica desde a súa estrea en 1910, a pesar de que naqueles anos a influencia de Ravel impregnaba toda a súa obra.

Galego

Atardecer no Gaiás-Santi Araújo

Santi Araújo volve ao Gaiás para presentarnos o seu segundo disco, Canciones para bailar. Un álbum que se afasta do seu anterior traballo cun indie pop alegre e desenfadado no que xorden ritmos de bossanova, folk e ata psicodelia. O seu característico fraseo mantense en 14 temas nos que toca a maioría dos instrumentos pero tamén se lanza a utilizar o sampler para permitirnos gozar do saxo de Emilio José e a batería de Jaime Mateo (Os Amigos dos Músicos, falecido recentemente). 

Galego

Atardecer no Gaiás-Branko

DJ, produtor, axitador cultural, o portugués Branko leva máis de 10 anos na industria, primeiro en Buraka Som Sistema, logo co seu selo Enchufada e producindo temas para artistas como Princess Nokia, MIA, Mayra Andrade ou Dino d'Santiago. Soma, o seu cuarto disco en solitario, gravouse nunha jam de tres días na que retou a algúns dos mellores artistas de Lisboa a improvisar sobre un marco rítmico que usou de base para construír un álbum de ritm

Galego

Atardecer no Gaiás-Amoebo

Amoebo é unha proposta de música urbana que roe nos ritmos latinos e o idol pop dos 80 para deconstruír a verbena galega. Un cóctel interxeracional e inclusivo que escoitan as amigues e bailan as avoas. Festa, baile e letras que reflicten temáticas que tocan no costumbrismo, o amor, o sexo e o día a día da xuventude galega. Co seu primeiro álbum, Cada vez mellor, e un directo explosivo, prometen que non quede ninguén sen bailar no Gaiás.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto