La Toñi-Atardecer no Gaiás
La Toñi, artista viguesa coñecida por ser a voz e líder do grupo pop Dalsi, transfórmase en solitario cunha proposta entre o europop e o synthpunk na que a tristura se baila. Temas que falan de amor, de resacas emocionais e que celebran a amizade forman o seu primeiro EP, M D Amor <3, editado en cassete en 2024, no que atopamos influencias de artistas como Crystal Castles, HEARTSREVOLUTION, Strawberry Switchblade ou CSS.

