Maria Mazzotta-Amoreamaro
A italiana Maria Mazzotta é unha das voces máis apreciadas da world music europea. Os seus concertos atrapan o público e mergúllano nunha viaxe a través das emocións da alma, atopando no canto e na tradición popular salentina do sur de Italia, o vehículo perfecto para experimentar a catarse, a forza, o amor ou o esquecemento. Chega agora por primeira vez a Galicia acompañada do acordeonista Antonio de Luca.

