Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo que ofrecerá versións de cancións pop de artistas contemporáneos como Melendi, Amaral, Nil Moliner ou Dani Fernández
Hora: 20:00
Salón de acto (ata completar capacidade)

Concerto do Coro Xuvenil de Lugo que ofrecerá versións de cancións pop de artistas contemporáneos como Melendi, Amaral, Nil Moliner ou Dani Fernández
Hora: 20:00
Salón de acto (ata completar capacidade)
Carlos Varela, un dos cantautores máis influentes da música cubana, presenta o seu novo espectáculo “Nada es como antes”, un traballo que mostra a madurez poética e musical e os diferentes estilos polos que transita este artista comprometido co seu tempo.
Fito & Fitipaldis regresa aos escenarios coa súa esperada xira "Aullidos Tour", que percorrerá 28 cidades españolas entre novembro de 2025 e maio de 2026. A xira coincide co lanzamento do seu novo álbum de estudio titulado "El monte de los aullidos", previsto para o outono deste ano.
Participación no festival RESIS, un extraordinario evento artístico iniciado en 2018, que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas, e desenvólvese en singulares espazos escénicos, arquitectónicos e naturais da Coruña. O Museo é sede dun dos seus concertos desde o seu inicio. O 2025 acolle o Concerto Liñas de Auga, do Gerhard Quartet, dentro da VIII edición do festival, que neste ano homenaxea aos compositores Wolfgang Rihm e Helmut Lachenmann.
Programa
II Edición do Festival Flamenco Riquela. Único festival flamenco de Galicia, impulsado por Riquela Music, que trae o mellor do flamenco estatal a Santiago de Compostela.
Entre os artistas que pasarán polo escenario deste festival están Juan José Suárez (El Paquete), Elena Salguero, Alana Sinkey, Alejandro Escalera, Moisés Fernández, Antonia Jiménez, Alicia Morales e Kike Terrón, entre outros.
Os Samesugas, con un cuarto de século incendiando escenarios, lanzan o seu novo disco: "White Fire". Un manifesto sonoro que bebe da tradición do Punk, do Garage, do PowerPop e do Hardcore, un disco que celebra a fidelidade a un camiño propio, sen concesións nin modas, pero tamén unha porta aberta a novas epifanías sónicas.
Natalia Lafourcade ofrecerá un concerto único a guitarra e voz, levando ao público nunha viaxe íntima pola súa música. A cantautora e produtora mexicana é unha das voces máis influentes da música latina.
Fin de xira «Un Lugar Perfecto»
A súa música levouno aos cinco continentes, con xiras por todo o continente americano, Estados Unidos, México, Arxentina, Centroamérica, Brasil, Australia e Nova Celandia, China, África, toda Europa, Rusia...
Os seus discos están publicados en máis de 30 países. As súas colaboracións son con músicos de todo o mundo, en diferentes idiomas e procedentes de moitas culturas; ese é un dos sinais de identidade do artista.
Francisco Castro repasará o mellor da poesía galega musicada dende os anos sesenta ata os nosos días. Entre outros, escoitaremos poemas de Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra..., así como poesía cantada de corte popular.
noitiNHAs 2025 regresa coa súa 8ª edición para encher as noites compostelás de música en directo e sabores únicos. Este ciclo cultural, que se celebra no hotel NH Collection de Santiago, combina concertos vibrantes con propostas gastronómicas de primeiro nivel, creando unha experiencia sensorial completa.
Baixo o lema "Melodías e Petiscos", cada cita ofrece unha actuación musical acompañada dunha degustación elaborada por chefs de recoñecidos restaurantes galegos.