Concerto de Marcos Mella
Concerto do cantautor ferrolano Marcos Mella interpretando os temas do seu novo disco "300 Meses" acompañado polo piansta Fran Rey.

Concerto do cantautor ferrolano Marcos Mella interpretando os temas do seu novo disco "300 Meses" acompañado polo piansta Fran Rey.
A música das buguinas é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, iremos descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante.
Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío. Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro que se caracteriza por facilitar a participación activa e constante do público asistente e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.
Voz, guitarra, ukelele, percusión e unha bailarina que nos traen cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en Xuño ata o primeiro de Setembro.
Compoñentes grupo:
Jon Balbuena: guitarra e voz
Alfredo Dourado: baixo e voces
Eddie Santos: batería e voces
Influencias: Desde o rock& roll ao pop, pasando polo jazz, funk, samba, Bossa Nova e mesmo música de autor. Con letras profundas, profundando no máis transcendental do ser humano; político- sociáis e amorosas.
Nick Dittmeier é un cantante e compositor do sur de Indiana. Lanzou dous ep en solitario, «Extra Better» en 2013 e «Lixeiro of Day» en 2014. Co apoio da súa banda de acompañamento / vira, The Sawdusters, lanzou dous álbums de longa duración, «Midwest Heart/ Southern Blues» en 2016 e «All Damn Day» en 2018. Estes álbums son coleccións arenosas de cancións, cheas de personaxes, que se desenvolveron mentres miraban o guión dunha camioneta virada, navegando por cidades de todo o sur e o medio oeste.
Eirín e Milucha son dous irmáns que cada noite traspasan os portóns do Mundo dos soños na nave do afable monstro Suitjar, co que vivirán unha chea de aventuras marabillosas. Un conto ao revés é a historia de cada un dos soños destes nenos, narrados por un ser próximo a eles. Estas aventuras falan de amizade, respecto á natureza, lecer saudable, a igualdade de xénero e o fantástico mundo das ensoñacións. Todo acontece a través dunha fantástica banda sonora composta de cancións de corte pop e rock. Para bailar, cantar e pasar unha velada xenial.
Se metemos nunha coctelera a Led Zeppelin, Reef, Pearl Jam, Hendrix, Black Crowes e a James Brown, todo ben axitado pero non revolto, en pleno 2019 sacámonos da chistera a»StoneWolf» banda de ROCK que vén buscando o seu sitio desde hai 10 anos a través doutras formacións ata atopar a actual formación, sonoridade e as cancións que agora nos presentan.
Emilio Rúa, natural das Vendas da Barreira (Ourense 1976) leva dedicado á música desde os sete anos e conta cunha ampla traxectoria profesional como intérprete e compositor. En solitario ou acompañado da súa banda, levou a música en galego por múltiples lugares de Galicia e España, pero tamén a cidades como Londres, Manchester, São Paulo ou Buenos Aires. Así mesmo, é colaborador habitual en proxectos audiovisuais galegos de cinema e televisión.
O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.
Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22
Suor Angelica é unha ópera nun acto con música do compositor italiano Giacomo Puccini.
É unha obra tipicamente verista. Puccini, para ambientarse, visitou o convento de Vicopelago no que a súa irmá Higinia era a Abadesa. Observou a vida cotiá das monxas, conversou con elas e cando tivo finalizada a obra foi persoalmente a tocar ao convento a versión para piano.
É unha das poucas obras que só ten intérpretes femininas.