Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vatapá Quinteto en concerto

O grupo está composto por: o contrabaixista Óscar Rodríguez, músico de traxectoria internacional e gran coñecedor do mundo do jazz, que aporta unha grande riqueza musical nas bases do grupo e momentos álxidos nos concertos cos seus solos de contrabaixo e harmónica, dirixindo ademais, xunto co guitarrista Antón Casal, as composicións musicais do quinteto; Antón Casal, guitarrista e creador do grupo, que selecciona coidadosamente o repertorio para cada concerto baseándose nunha premisa principal, a ampla tesitura da voz de Bea Míguez, o que lle permite variar entre diferentes rexistros e esti

Galego

Uxía lambona e a banda molona

Cantante-animadora: Laura de Gabriel

Músicos: Sergio Rodríguez, Diego Roca, Fernando Moure, Jorge Muñoz, Diego Martínez

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!

 

Galego

Un verso, un cantar

Elenco: Bruxo Queiman (actor), Andrea Pousa (cantante) e tres músicos

Un verso, un cantar nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplio abano de sensacións.

Galego

Ula e Mon concerto a cargo de Monoulius Dop

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Onde está e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociais pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os anima a montar este proxecto. Un animado concerto en formato dúo acústico onde o humor é o elemento protagonista.

Galego

De Vacas Tour Vacanal

Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós  disfrutedes.  Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.

Galego

Acordeireta

Loitar Cantando é o primeiro traballo deste dúo de gran variedade instrumental e rítmica, cun estilo único, fresco e contundente. O repertorio consta de temas tradicionais, de autor e dunha gran parte de composicións propias. O seu lema é: LOITAR CANTANDO! (verbas de Luz Fandiño).

Galego

Pasarrúas a cargo de Latexo Percusión

Latexo é son. Latexo é movemento. Latexo é unha explosión de ritmo e enerxía. O espectáculo de Latexo combina o visual da danza cos arranxos musicais de creación propia baseados na tradición dos Blocos Afro de Salvador de Bahía. Latexo aporta a súa propia visión do estilo, matizándoo a través de influencias que van dende a percusión mandinga ou a música galega ata a percusión contemporánea. 

Os ritmos magnéticos de Latexo buscan a éxtase, nunha natural combinación entre as frecuencias dos diferentes instrumentos do ensamble.

Galego

Chroma

Chroma é un grupo musical con varios anos de experiencia en todo tipo de eventos e cun amplo repertorio tanto en inglés como en español de todas as épocas. 

Son gañadores dalgún concurso de Onda Cero e foron teloneiros de grupos nacionais como Os Segredos ou Pignoise.

A formación compóñena: Diego á guitarra e voz; Alex ao baixo e coros; e Rubén á batería, percusión e coros.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto