Leda Atómica
Leda Atómica un grupo de “Pop Babú” que xurde no 2015 como unha performance e se consolida co pasar dos anos nunha banda acústica con repertorio propio e cun show que marida música, poesía e unha experiencia teatral.

Leda Atómica un grupo de “Pop Babú” que xurde no 2015 como unha performance e se consolida co pasar dos anos nunha banda acústica con repertorio propio e cun show que marida música, poesía e unha experiencia teatral.
Odaiko presenta Ritmo do camiño baseado nos tres pilares do folclore, PERCUSIÓN, DANZA E VOZ; tres elementos abrazados da contemporaneirade e da frescura que Odaiko aporta o panorama musical.
Partindo da base de catro Licenciados en Percusión clásica e de grandes representantes da danza como son Nova Galega de Danza, nas gaitas acompañáronnos nestes 15 anos, Budiño e Anxo Lorenzo, nas voces Guadi Galego e Xiana Lastra....
Triángulo de Amor Bizarro editou o seu quinto disco en 2020, producido por Carlos Hernández. É un dos grupos máis respectados e reivindicados na escena independente iberoamericana da última década.
Desde o primeiro momento non deixaron de crecer, e cada álbum supuxo un paso adiante nunha evolución imparable. Este disco supón a consecución de todas as súas virtudes, e será sen dúbida o traballo polo que serán lembrados no futuro.
Non haberá reserva de entradas, polo que o acceso será de balde e por estrito orde de chegada ao recinto, ata completar aforo.
Vos Vagos de Lalín son unha banda que se autodefinen como "delincuentes xuvenís xubilados", que tocan cancións propias enmarcadas no seu estilo, "rock ortodoxo", sen postureos nin floreos. Grupo creado a mediados e disolto a principios dos noventa, reuníronse en 2014 e desde entón non pairan de facer cousas: máis de 100 concertos, tres discos, banda sonora dunha longametraxe, etc. Creceron con Led Zeppelin, Madeiro, Rolling Stones, The Kings e 091, as súas influencias máis reconocibles. Rock sincero, directo e sen concesións á galería.
Amaro Ferreiro comezou a súa carreira xunto ao seu irmán Iván Ferreiro. Tras a disolución dos Piratas, os irmáns Ferreiro facíanse pasar por dúas amas de casa (Ivonne e Tamara) que para perder o seu medo escénico acompañaban ao cantante portugués Rai Doriva, que con todo nunca acudiu aos concertos.
Formada en 2018 por Brais Sánchez (guitarra e voz principal) e Beny Mayo (batería). Conta tamén con Daniel 'García' Carba (baixo eléctrico e voz) e André Garabato (Teclados).
Oitava edición do Festival Ameixa Rock que volve este ano cunha versión comprimida despois de ter cancelado o ano pasado. Para este regreso estarán connosco, Ameixa Bravas, Biribirlocke e DJ Fangueira.
Durante dúas horas, desfrutaremos coas cancións e grandes éxitos do rock e do pop que percorren as nosas vidas dende os anos 70 ata os nosos días. Todo esto unido a un potente e rotundo directo que fai que o público conecte cos artistas dende o primeiro minuto ata o fin do concerto.
Álvaro é un animal de escenario, unha voz vibrante que emociona dende o primeiro verso. Canta e compón como necesidade vital desde neno, cunha paixón desmedida que lle levou a conectar en moi pouco tempo cunha lexión de fans, a virar por toda España e a soar nas principais radios do país.
O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.
Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22