Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aló Django e Handle With Swing

Handle with Swing  é un trío de swing- jazz feito a man nado no 2018 en Santiago de Compostela.

HWS ofrece degustar musicalmente un menú de moito swing con guarnición crooner, maridado con viños bluseiros e doces de bo rollo. Todo cociñado con músicas a medio tempo e luz a medio gas. Esperamos que goces tanto coa nosa música como o facemos nós sobre o escenario.

HWS somos:

Manuel Gómez........piano

Tomás Porteiro........guitarra

Xabier Mera.............voz

Galego

Ensamble Iulius XIII

O novo proxecto do Ensamble IULIUS XIII. Teremos a oportunidade de revivir a espléndida época dos musicais en formato de cuarteto. "O violinista no tellado", "Cantando baixo a choiva", "Hello Dolly", "My fair lady", "Cats", "Sorrisos e bágoas"... Un repertorio moi ameno e próximo, que estará aderezado con graciosos comentarios.

 

Clara Panas, voz (artista convidada)

Alfredo Gómez Sieiro, clarinete

Vadim Yukhnevich, acordeón a botóns e voz

Ludmila Shevyakova, piano 

Galego

Jazz e Folk da nosa terra: High Society Jazz Band

Formación ao máis puro estilo do Nova York, Chicago ou Nova Orleans dos anos 20 do século pasado, consegue transportarnos a aquela época na que o rumbo da música cambiou para sempre, e os clubs e salas de festa sempre estaban rebosantes dun público desexoso de escoitar a "nova música". Este sexteto consegue un son propio que non pasa inadvertido para ninguén, captando a atención do oínte desde os primeiros compases. Un espectáculo divertido, apto para todos os públicos e que convida o baile desde o primeiro momento.

Galego

Jazz e Folk da nosa terra: Iago Mouriño Trío

A finais de 2016 este proxecto nace da intención do pianista e compositor Iago Mouriño de levar ao escenario as súas composicións. Esta experiencia ou sorte de aventura non podía completarse de mellor forma que contando con outros dous, non só músicos, senón compañeiros (Pablo Sanmamed ao contrabaixo e o Bruno Couceiro á batería) cos que tivo o privilexio de traballar e compartir vivencias en diversas formacións, grande parte disto dentro da escena jazzística coruñesa, de cadanseu estilo ao longo dos últimos anos, enriquecéndose a nivel musical e persoal mutuamente

Galego

Imaculate Fools

Pasaron máis de 37 anos dende que o seu primeiro single, "Imaculate Fools", invadía as principais tv e radios internacionais, e España non foi unha excepción. Corría o ano 1984 cando daba o seu primeiro concerto no noso país. A banda formada por dúas parellas de irmáns percorreron o mundo marcando unha época, que hoxe en día aínda se lembra. 

Galego

TNT Band

A banda vilagarciá presenta o seu segundo traballo discográfico, "Compañero", concibido durante o confinamento e que inclúe un tema dedicado á Festa da Auga. Trátase dun disco máis maduro, pero que mantén a tónica das letras comprometidas e o ton reivindicativo en favor da música elaborada e do rock tradicional que xa tiña o seu primeiro traballo "Parte Colectivo". 

Galego

Broken Peach en concerto

Broken Peach é unha banda viguesa que resulta ser a perfecta conxunción entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal femenino (4 vocalistas) acompañado dunha sólida banda de rock (3 músicos: guitarra, baixo ou teclado e batería). Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos… O seu eclecticismo musical viaxa dende o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk e o pop.

Galego

CXI Mesa das Verbas- Poesía na rúa

Agrupación musical de amigos fundada no seo da Asociación do mesmo nome no 2014, consta de oito compoñentes e o seu repertorio está baseado en pezas melódicas cantadas e acompañadas por acordeóns, corda e percusión. Nos seus concertos buscan a participación do público, pois o sue repertorio está composto de vals, habaneras, boleros, etc. 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto