Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Olivic Blues Band

The Olivic Blues Band xorde das ganas e o afán por divertirse de xente de diferentes formacións viguesas influenciada polo blues, o rock and roll, o soul, Integrantes da Chata Soul, os Boogie Backs, Vos Meninos, os Chatos Farannos bailar e gozar a ritmo de blues.

Galego

Carlos Núñez

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo.

Agora presenta un novo disco, Cinema do Mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar Adentro ata as varias bandas sonoras nas que tén participado últimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine. No disco colabouran os Chieftains, Dulce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Solas, Juan Manuel Cañizares... 

Galego

Jazz e Folk da nosa terra: Alfonso Calvo Septet

Trala estupenda acollida de público e crítica de Sea ahead (FreeCode JazzRecords 2016), o segundo traballo como líder do contrabaixista compostelán Alfonso Calvo, chega agora Monday mood, publicado por TinyMoon Records en 2020 . As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun ensemble de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, guiños á música brasileña e o flamenco, sen perder o enfoque persoal.

Galego

Jazz e Folk da nosa terra: Marina Gundín & the Misters

Este novo quinteto saíu, como vén sendo habitual dun tempo para acó, do Conservatorio Superior de Jazz, culpable de boa parte do que se coce musicalmente na cidade. Apostan por reivindicar o jazz clásico que encumbró ás grandes voces femininas de mediados do século XX, dela Fitzgerald a Billie Holiday pasando por Sarah Vaughan. Para iso contan coa voz de Mariña Gundín, coruñesa de 1989 que tras estudar interpretación clásica como fagotista decidiu darlle unha oportunidade ao canto no Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia e, posteriormente, no mundo do jazz.

Galego

Jazz e Folk da nosa terra: Quinta San Vitorio

A Quinta San Vitorio ou Casa Cortón, sita na aldea de San Fiz de Vixoi (Bergondo), foi un referente cultural da Galicia de entre séculos. Aquí morou a parella formada pola mestra Jacinta Landa Vaz e o filósofo Xoán Vicente Viqueira até a morte deste último en 1924.

Jacinta, extremeña de ascendencia portuguesa e finalmente exiliada en México pola dictadura, legounos algunhas das gravacións que rememoran un tempo e un lugar de mulleres extraordinarias coma a poeta Filomena Dato, as escritoras Fanny Garrido, Sofía Casanova ou Emilia Pardo Bazán.

Galego

Jazz e Folk da nosa terra: Zeltia Irevire

O proxecto nace en 2018 e comeza a percorrer a escena musicalgalega, así como outros sitios da xeografía europea, en prol de reivindicar a cultura galega e o respecto pola vida salvaxe. As composicións son en esencia, unha chamada a coidar a Terra. Por iso o símbolo da vacaloura como símbolo de equilibrio dosbosques. 

O galego non é o único medio de expresión: a experiencia da compositora tras a súa emigración a Irlanda fai que parte das composicións estén escritas en lingua inglesa e teña referenciasen gaélico. 

Galego

Monstros acústicos 2021

Fran Amil fala e canta cos monstros que habitan no disco Monstros, con ou sen consentimento, editado no ano 2018.

Moitísima diversión a través de música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos dos cativos, e sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando. Unha música contaxiosa e festiva que fai desfrutar do presente e presenta unha ledicia compartible.

Fran Amil instrumentaliza este concerto con voz e guitarra acústica en directo e con bases pregravadas. Un espectáculo axeitado para espazos pequenos.

Diversión garantizada!

Galego

Banda de Música Municipal da Estrada

O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto