Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ataque Escampe

Coa súa facilidade para a melodía, as súas texturas imposibles e o seu espírito agridoce, Ataque Escampe é unha banda con dúas guitarras que non fai rock de guitarras; unha banda con alma electrónica que executa en rigoroso directo todos os seus cacharros; unha banda divertida pero tenra e vulnerable; unha banda, en fin, que ao cantar sobre a súa vida canta sobre todas as vidas: un auténtico ovni no panorama musical galego do século XXI. 

Galego

Banda de Música Municipal de Ribadumia

O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22

Galego

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22: Allova

O escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 acollerá tamén o 13 de agosto a actuación de Allova. Os seus directos destacan pola súa orixinal mestura de sons electrónicos e beats con sons acústicos dos instrumentos e a voz. A versatilidade da súa música permite a posibilidade de realizar concertos tanto en solitario como con outros músicos de gran traxectoria profesional.

Galego

David El Cuerdas + Malc

David Germade, máis coñecido como El Cuerdas, nace o 10 de outubro de 1992 en Oleiros (A Coruña). E conta a lenda que ao nacer dixéronlle aos seus pais «tiveron vostedes un bluesman». E é que David, parece que naceu cunha Fender Telecaster colgada do ombreiro.  

Galego

Carolina Rubirosa + Budiño

Carolina Rubirosa

É coñecida principalmente polo seu traballo en The Funkles pero agora decidiu apostar novamente pola súa estrada en solitario. É no formato acústico onde mostra toda a súa capacidade vocal, profundando matícesnos e quizais se aprecia en maior medida a sensibilidade de certas cancións e interpretacións.

Budiño

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto