Ósmose
Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia
Artista do ano para Folkword
Candidata a artista do ano para BBC Radio 3
Artista Top TEN na Revista Songlines

Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia
Artista do ano para Folkword
Candidata a artista do ano para BBC Radio 3
Artista Top TEN na Revista Songlines
Cun olliño aberto e o outro pechado os golfiños dormen, sempre atentos, dispostos a saltar en calquera momento e chegar ás nubes máis altas cos seus brincos, buscando o seu soño… Neste espectáculo Os Golfiños viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. Enriba do escenario, unha guitarra, un teclado e a voz de Elena Paz.
Unha decena de concertos dos grupos da Agrupación Musical da Roseira encherán de música diversas localizacións do Rosal.
Vórtex, o álbum cociñado entre Galicia, Irlanda e Escocia conta con colaboracións moi especiais de músicos vinculados ao mundo folk, seguindo a linea de experimentación acústica dos seus últimos traballos, Tirán e Confuxon. Novas composicións e arranxos sorprendentes onde Anxo unha vez máis volve espremer as posibilidades da gaita galega e os whistles co seu peculiar freestyle buscando novos sons, ritmos e fusións xunto ao fantástico violinista irlandés Eoghan Neff.
Eugenio Muñoz
Comeza a súa actividade profesional a unha temperá idade, xa que entra a traballar como asistente aos 15 anos en o estudo de grabacion Musigrama, en Madrid. Pronto irá avanzando no seu traballo pasando a ser tecnico de son, posteriormente nos Estudos RCA, logo nos Estudos Track, para finalmente, en 1990, montar o seu propio estudo, que baixo o nome de Box e actualmente Box Villafranca grabaria moitos dos discos mais vendedores do noso tempo.
Luís Delgado
O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.
Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22
Marta Zabaleta
A pianista española comeza os seus estudos musicais en San Sebastian e percorre as escolas europeas mais destacadas, CNSM de Paris con D. Merlet , Escola Reina Sofia de Madrid con D. Bashkirov e na academia Marshall con Alicia de Larrocha. Recolle importantes premios nos concursos internacionais de Santander, como mellor pianista espanonda, Darmstadt, Jaen, Pilar Bayonna e a súa vida concertistica desenvólvese en recital ou con orquestras sinfonicas.
Miguel Borges-Coelho
O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.
Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22
Píscore únense á túa banda municipal e achéganos con humor á mellor música no concerto singular, un orixinal espectáculo que mestura o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual e o clown. O resultado? Diversión asegurada para toda a familia.
Vén coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.
Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a avoa e o irmán de Pitusa irán explicándolles ás cativas e aos cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.