Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Uxía lambona e a banda molona

Cantante-animadora: Laura de Gabriel.

Músicos: Sergio Rodríguez, Diego Roca, Fernando Moure, Jorge Muñoz, Diego Martínez.

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!

 

Galego

A casa do terror

Este espectáculo musical e teatral, que está a recibir moi boas críticas de prensa e público, ven da man dun libro-cd editado por GALAXIA.

A Casa do Terror é moi potente, moi rockeiro e sobre todo moi participativo. Ten influencias das películas de medo dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de CristalA familia Adams ou Scooby Doo. A enerxía acadada co público neste espectáculo é moi alta.

Galego

+ RITMO

Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras…

Que acontece cando parte da banda chega tarde e despistada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música.

Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.

Galego

Ismael Taboada Pérez

O Pazo da Cultura será o primeiro auditorio que reciba a música de Isma Taboada, recollida no seu primeiro disco: " Sin Cadenas".

Tras seis anos de duro traballo, o 2 de outubro verá a luz este ambicioso proxecto: un LP composto por 13 temas de música de autor, no que conta coa colaboración de artistas consagrados do panorama musical de Ferrolterra.

Esta presentación marcará un antes e un despois na carreira do novo cantautor galego. Unha oportunidade única para apoiar a música en directo e descubrir a unha das grandes promesas do panorama musical.

Galego

Rafa Ferrá

Rafa Ferrá é un cantautor mallorquino cunha longa traxectoria discográfica. Gañador de multitude de premios e unha música que está entre o intangible e o inmaterial. Ferrà ten unha traxectoria guiada polo seu propio estilo. Tras abandonar a popular banda de rock mallorquino Fora deas Sembrat nos 90, e recoller tres anos consecutivos o primeiro premio de Art jove de música contemporánea do Govern Balear. Viaxou a Madrid da man do programa «Conservas Escalada», de Cadea 100. Así comezou unha andaina de varios anos na capital, destacando o seu papel como compositor.

Galego

Esther Zecco

Esther Zecco naceu en Segovia, cidade na que reside actualmente, aínda que vive dacabalo entre Madrid e a súa cidade natal. Contadora de historias cotiás, cancións intimistas pero cheas de enerxía, con claras influencias da americana, Esther Zecco xera un clima cálido e moi próximo nas súas actuacións en directo. Actualmente forma parte do circuíto de cantautores, percorrendo desde hai anos os escenarios máis emblemáticos de toda España.

Galego

Solpor no Mosteiro: Black Stereo

Black Stereo é un grupo de cinco músicos consagrados que nace co fin de achegarnos as súas propias versións da música negra con estilos como o Soul, Rhythm&blues, Rock&Roll, Funk? de artistas como Otis Redding, James Brown, Little Richard, Stevie Wonder, Sam & Dave? entre outros. A banda esta formada por Guillermo Gagliardi á guitarra, Julio Llorca ao baixo, Héctor Agulla á batería, Toño López á voz e Diego Tornado ao saxo.

Galego

Miguel Osa

Miguel Ousa é un cantautor natural de Leganés que goza do camiño e do escenario sen máis equipaxe que a súa guitarra e os seus textos. É un artistas habitual das programacións de salas de música de Madrid e da súa Leganés natal.

Galego

Diego Domingo

Froito da súa paixón musical, no ano 2009, o cantautor gravou o seu primeiro disco con doce cancións, titulado Pase o que pase. A canción Pase o que pase logrou soar en Onda Cero a nivel nacional e Carlos Herrera fixo comentarios gratificantes acerca da súa música.

Galego

Concerto de Antonio Barros e Ialma

Con iAlma é un espectáculo de baladas e boleros, de sona e recoñecidos, de sempre que agochan unha historia real de vida nas súas letras ou na súa música, versionados para piano e voz. 

Neste acústico pretendemos sentir a música dunha maneira máis íntima, e trasladalo dun xeito sensible ó noso público. Queremos narrar vivencias, historias reais, cantadas e contadas, dende a ialma.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto