Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

SON Estrela Galicia- Mala Rodríguez

Unha das artistas máis importantes e respectadas da música urbana en castelán que a pesar da súa longa traxectoria chega a Underfest cun novo show, “Lujo Iberico Unplugged”, que presentará por 1ª vez en Galicia. Trátase dun formato íntimo en acústico no que a sevillana reinterpreta un disco histórico como “Lujo Ibérico”, co que alcanzou o disco de ouro e traspasou fronteiras, xunto a outros hits da súa dilatada carreira.

Galego

SON Estrela Galicia- Leifur James

O cantante e produtor londiniense recibiu eloxios da prensa especializada desde o lanzamento do seu marabilloso primeiro disco ”A Louder Silence” en 2018. Co seu 2º disco “Angel in Disguise” lanzado en 2020, confirmou o que era un secreto a voces. Navegando entre sons esotéricos e experimentais, cunha marcada personalidade vangardista e intimista, pasa da electrónica fina e elegante ao baile nun dicir amén. Comparado cun xenio como James Blake, é un deses concertos do festival que non vos podedes perder.

Galego

SON Estrela Galicia- Lina_Raül Refree

Refree leva tempo demostrando ter un olfato único para descubrir talento. Responsable do lanzamento de artistas como Rosalía ou Silvia Perez Cruz, posúe unha intelixencia e sensibilidade musical única, coa que da brillo a cada proxecto no que participa.

Agora é o momento da enorme fadista portuguesa Lina, coa que inicia outro fascinante proxecto polo que xa recibiron halagos en media Europa. No, propoñen un fado renovado, abandonando a guitarra e explorando con sintetizadores analóxicos e sons de piano. Unha delicia.

Galego

SON Estrela Galicia- Mastodonte

Asier Etxeandia é un dos actores máis recoñecidos e reputados do cinema español actual. Con todo, o seu talento vai máis aló da pantalla e cando se sobe ao escenario, ofrécenos unha abafadora combinación entre música, interpretación, experimentación sonora e audiovisual. Xunto ao músico e produtor Enrico Barbaro, crearon unha das propostas máis singulares xurdidas no pop nacional dos últimos anos. Os seus shows son únicos, espectáculos sensoriais cheos de elementos visuais e teatralidade, como non podía ser doutra forma. Se nunca os viches en directo, non che deixarán indiferente.

Galego

SON Estrela Galicia- BFLECHA

Poucos artistas galegos poden presumir de ser elixidos para actuar en festivais do prestixio do Soar Barcelona ou o proxecto da Red Bull Academy. Despois dun paròn que se nos fixo longo, a produtora viguesa volve con novo disco e novo show debaixo do brazo, co que se inaugurará a 4ª ediciòn de Underfest. No recentemente publicado  ExNovo explora os límites entre a persoa física e virtual, sons diferentes e innovadores, repletos de poesía, filosofía e ciencia, nun espazo utópico onde conviven pop, r& b contemporáneo, electrónica e música tradicional.

Galego

Dulce Pontes

A gran voz do fado chega a Ferrol antes da súa xira europea cun repertorio cheo de homenaxes aos seus referentes musicais. Con máis de 30 anos, Doce Pontes (Montijo, Portugal) é, sen dúbida, unha voz imprescindible para os amantes do fado e a música en xeral.
Pianista, compositora e intérprete, a súa exitosa "Canção do Mar " -editada en todo o mundo en 1993 e unha das cancións favoritas do público- consagrou a Doce Pontes como a renovadora do Fado, tomando así a testemuña da gran Amalia Rodrigues, de quen se cumpre o centenario do seu nacemento neste convulso 2020.

Galego

Willie & Winnie + Faltriqueira

 Willie& Winnie levan ao  Inferniño o seu son traballado recuberto de escuridade e  Faltriqueira  sorprenderán coas súas polifonías inspiradas na música tradicional.  

Willie & Winnie é un dúo integrado por Elise Denise (voz) e Andy Bill (voz e guitarra). Na actualidade acaban de gravar o seu terceiro disco en Abrigueiro Estudos, o primeiro como Willie & Winnie. O seu nome artístico está sacado dos protagonistas da obra de teatro Happy Days de Samuel Beckett.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto