Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concerto: A Rapa das Bestas de Sabucedo. Banda de Música Municipal da Estrada

O espectáculo describe unha festa popular galega, "A Rapa das Bestas de Sabucedo". Os poemas e relatos dedicados son o fío condutor do espectáculo. Ademais, interprétase e báilase música tradicional galega, así como un poema sinfónico do compositor estradense Simón Couceiro que leva por título “A Rapa das Bestas” e que está dedicado á parroquia de San Lourenzo de Sabucedo.

Galego

Concerto: Esperanza Mara Trobairitz

Nesta proposta de espectáculo lúdico-educativo, que consiste nunha viaxe musical en formato de concerto didáctico interactivo destinada a un público infantil e familiar, divúlganse as cantigas medievais (lírica galaico-portuguesa) como medio para dinamizar espazos de interese na nosa xeografía e redescubrir a lingua galega propia da orixe do Camiño de Santiago.

Galego

Pontiaks + Novio Cadáver

Los Pontiaks é un trío vigués composto por André- Loud Rider, Mr. Cobra e Billy King, un dos grandes personaxes da escena galega, membro de formacións como Os Cafres ou The Killer Barbies.

A súa música carcaterízase por un son rápido, enerxético e contundente, parecida ao estilo hot rod. O grupo de rock ‘n’ roll conta con numerosas influencias, desde os grandes como Chuck Berry, Dick Dálle, Link Wray, Johnny Burnette ou tantos clásicos dos 50, ata bandas máis contemporáneas como Stray Cats, The Cramps, Stray Jackets ou os Ramones.

Galego

Vade Retro + Adrian Timms

Adrian Timms é un artista independente nacido en Inglaterra con influencias da música británica dos anos 90. Compoñendo melodías e letras desde pequeno no piano, en 2010 trasládase a Vigo para completar os seus estudos e comeza o seu canal de Youtube para darse a coñecer e atopar o seu estilo persoal. Pero o maior impulso que recibiu a súa carreira foi derivado das rúas de Vigo, onde cantaba e tocaba as súas pezas. O público vigués acolleuno cos brazos abertos, convertendoo nun referente da paisaxe sonora da cidade olívica.

Galego

Elephants Yard

O sábado 11 de setembro o actuará na Fundación Sales Elephants Yard, a banda residente do estudo vigués de Reggae «The Dub Yard». Músicos e singjays (cantantes e MCs) únense para crear música dende os patróns rítmicos e sonoros da música xamaicana, explorando tódolos subestilos do Reggae, dende o Ska, Rocksteady, Raggamuffin, Rub-a-Dub ou Early Dancehall.

Galego

Bafana Bafana

Mentres todo o país celebraba a vitoria do combinado nacional no mundial de fútbol surafricano, Juanjo Treus estaba atareado recrutando a catro músicos cuestionablemente competentes, aínda que simpáticos e ben parecidos, para acompañarlle no libre desenvolvemento da súa faceta como crooner.

Galego

Demasiadas sombras y pocas luces

Demasiadas Sombras E Poucas Luces é un grupo vigués formando por Alberto Malleiro e Luís Suarez «Deker». A creación da banda iniciouse ao principios de 2015 entre dous apaixonados da música de baile. A experiencia e perspectiva de Deker á guitarra, unidos ao carisma e a versatilidade de Alberto Malleiro á voz fan deste dúo a combinación perfecta.

Galego

Tincho Fernán

Hacedor de cancións que inspiran, que emocionan, que transmiten positivismo. Tincho Fernán, nacido en Montevideo, fai rock en español e sobre todo conta e canta o que lle pasa e o que pasa ao seu ao redor.

Con dous discos editados, Por el camino en 2013 e Nunca es demasiado tarde en 2016.

Galego

Los Secretos

A pesar destes tempos difíciles que nos está tocando vivir, Los Secretos continúan na estrada máis activos que nunca para apoiar a música en vivo e demostrando que a cultura é segura. O mítico grupo madrileño volve este 2021 cunha xira onde nos mostrarán o mellor da súa música, comezando cun delicioso e elegante formato en sexteto acústico. 

O formato elixido pola banda non pode ser máis acertado: ás guitarras acústicas de Álvaro Urquijo, Ramón Arroio e Txtetxu Altube, e o baixo de Juanjo Ramos, súmanse Jesús Redondo ante un piano acústico e Santi Fernández cun caixón.

Galego

Mosca Funesca

O venres 27 de agosto ás 20. 30 horas estarán en concerto na Tapería NaBeira o novo grupo de rock do Val Miñor, Mosca Funesca.

O grupo está formado por catro músicos: dúas guitarras, un baixo e unha batería. Tocan principalmente rock, e o seu setlist componse de oito temas propios e sete versións de temas coñecidos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto