Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Demoler Weekend- Cloaca

A súa música é unha mestura de garage, punk e surf, xeniais temas punkgarageros cheos de crueza, enerxía e poderío instrumental. Viscerales pílulas de rock & roll cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías. Soberbios trallazos de garage punk de maxistral e vibrante execución. Tenebrosas e directas pílulas de son compacto e rochoso que van directas ao teu cerebro e fanche mover o esqueleto ao ritmo primitivo do unga unga.

Galego

Jose Manuel Zapata

Naceu en Granada e cursou os seus estudos en Madrid e Valencia. A súa primeira actuación tivo lugar na ópera de Oviedo en 2002. Foi convidado a cantar en teatros como a Metropolitan Opera House de Nova York, a Semperoper de Dresde, o Theater an der Wien, o Teatro Massimo de Palermo, a Staatsoper de Hamburgo e o Festival Rossini de Pésaro. O seu repertorio inclúe Tancredi (Argirio), Armida (Gernando), Il viaggio a Reims (Belcore), Il barbiere dei Siviglia (O conde de Almaviva), Un giorno dei regno (Edoardo) e A cenerentola (Don Ramiro).

Galego

Festival Revoltallo: Babieca

Este grupo de pop e indie do Baixo Miño nace a principios deste 2020 e está integrado por catro músicos das zonas de Tui, Tomiño e Mos. Con letras en castelán e un estilo sobrio e elegante propoñen unha música que oscila entre o pop español dos noventa e as novas correntes da música urbana.

Galego

Festival Revoltallo: Cró! + Grande Amore

O último de Grande Amore é este novo tema cargado de rock, punk e pop underground galego que viu a luz o pasado 25 de febreiro baixo o título de Vémonos non baño. Dous días máis tarde presentaba un EP da man de Ortiga, outro músico galego underground que está a cobrar aos poucos protagonismo na industria musical, co nome de Ortiga & Grande Amore Presentan: Os Rastrexadores, chegou o primeiro EP de música electrónica para Nuno Pico. 

Galego

Festival Revoltallo: Holywater + MJ Pérez

Holywater é unha banda que se foi abrindo camiño aos poucos na escena independente a base de repartir emoción, épica e enerxía, executando un rock pouco convencional que nos lembra a formacións como At The Drive-In ou Afghan Wigs e en certos momentos aos primeiros Pearl Jam -épica- e Radiohead -nesa maneira tan especial de profundar nos sentimentos-. Remisos aos encasillamientos e ás etiquetas, defínense como un grupo que xogamos moito coa dinámica para provocar tensión.

Galego

Festival Ponte Louco: Sacha Na Horta + Liska

Sacha na Horta nace en 2008, despois de gañar o concurso A POLO GHIT organizado por Radio Galega, don de se escojió Biocultivos como canción galega do Verán. O premio seria unha viaxe á habana para tocar alí.

A partir de aí foise definindo un estilo propio que se lle chamou AGROPUNK  no que a voz destas catro mulleres cantando atopan toda a forza e liberdade para expresar ou falar do mundo que elas ven ou desexan.

Galego

Festival Ponte Louco: Jinetes del Trópico

O Castelo de Castro Caldelas é testemuña un ano máis do festival, que conta con xincana, cantos de taberna  e actividades infantís. 

A RAE define a palabra fusión como a ?acción e efecto de fundir ou fundirse e os galegos Antonio García, Xan Pérez e Fernando Estévez, é dicir, Os Xinetes do Trópico, levan ese lema por bandeira desde que un día do ano 2015 decidiron emprender un camiño xuntos que, ata o de agora, non parece haberlles ido mal.

Galego

Banda de Música de Vilalba

O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22

Galego

Banda de Música de Salcedo

O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto