Korrontzi
A banda de música folk Korrontzi, un dos grupos referentes da música popular vasca, presenta na Sala Rebullón de Mos, o sábado 2 de outubro, o seu novo traballo ‘ Koplariak’, con temas inéditos e letras do gran Xabier Amuriza, recoñecido bertsolari, escritor e investigador vasco. Este é o seu décimo traballo discográfico, no que o cuarteto vasco volve ás súas raíces, outorgando o lugar que merece á ‘ koplagintza’ dentro da música tradicional.

