Novas vellas melodías con Pablo Díaz
O concerto Novas vellas melodías con Pablo Díaz xunto co prestixioso guitarrista “Rubén Barros” fai un percorrido polas cancións máis populares de Pablo, empezando polos temas do último traballo “Coas miñas mans” ata chegar aos máis famosos e coñecidos “O reloxo de Alberte”, “O moucho chosco”, etc.
Ademais, Pablo e Rubén incorporarán temas inéditos neste espectáculo.
Duración: 50 min.
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos
Salón de Actos.
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

