Voces de Arrieiro + Pelepau
Pelepau
Nace na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 11 percusionistas, todos eles profesores en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego. É un conxunto musical, orixinal do suroeste de Galicia, que ten como obxectivo adaptar as cancións tradicionais e populares desta terra con voces e percusións varias. A súa proposta tenta transmitir e conservar a cultura galega mediante un espectáculo interactivo, cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público.

