Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Corizonas

Corizonas anuncia o lanzamento do seu novo disco "Corizonas III", o seu álbum máis ambicioso e necesario ata a data: cancións de rock global e atemporal.

Con Guitarras afiados e coitelos afinados, Corizonas volven para poñer na escena un esperado Rock.

"Nubes negras" é o título do seu sedutor primeiro single de adianto que xa podes escoitar en todas as plataformas dixitais.

Galego

Tunduru

No verán de 2014, tras un predestinado encontro entre Dis e Rod the Coach, xestase unha poderosa maquinaria de rock elegante, unha banda de power rock verdadeira chamada Tunduru . A gran bagaxe musical dos seus compoñentes ( Sister Moon, Minapolaris , Thee Virus, Rockers go to Hell, etc..) define a Tunduru como auténtica banda de directo.

Galego

La La Love You

Cancións de punk-pop de retrousos irresistibles, frescas, directas, rápidas, optimistas e de produción impecable que están a calar fondo entre, sobre todo, a mocidade.
O estilo co que definen a súa música é Punki-pop, influenciado por todos os grupos punkis e poperos habidos e por haber, desde os beatles aos Ramones, dos Airbag a Andy e Lucas, Juniper Moon, F.A.N.T.A...

Galego

Jenny & The Mexicats

Jenny and the Mexicats é unha fusión de nacionalidades e personalidades, unha banda que ten unha historia moi particular máis que nada accidental. A banda tivo os seus inicios en Madrid como Pachucos e a princesa, en xuño do 2008.

Todo empezou cando Icho (contrabaixo) convida a Jenny a vivir en Madrid. Jenny con 20 anos chegara ao lugar correcto. Icho chamou ao mellor guitarrista que coñecía, Pantera un guitarrista con técnica flamenca moi versátil, Icho e el tocaran xuntos moitos anos nun grupo de rockabilly e noutro de punk na súa cidade natal en México.

Galego

Julie Guravich & Cabe

Este concerto forma parte do programa "Ferrol Caldeira de Sons" subvencionado por Agadic (Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22)

O concerto fai un repaso de temas históricos do rock, blues, soul, country ... coa magnífica voz de Julie Guravich e o virtuosismo de Cabe nas guitarras.

Galego

Rayden

As etiquetas non van con Rayden. Así, este artista multidisciplinar destacou ao longo da súa carreira musical pola habilidade de fusionar xéneros musicais, a súa orixinalidade, e o toque lírico das súas letras, sempre definida polo seu xénero de orixe: o rap. A súa discografía en solitario consta de 6 traballos, sendo o últimos tres unha triloxía sobre a palabra: Antónimo, Sinónimo e Homónimo, que presentará en Marín. Será o seu único concerto en Galicia neste 2021!

Galego

Camiños de Músicas. Rumbo ao divertimento/ Cuarteto Alicerce

Jorge Montes (violín), Roberto Santamarina (violín), María José Pámpano (viola) e Carlos García Amigo (cello), conforman o Cuarteto Alicerce.  Este ensemble galego fai gala no seu nome da solidez da amizade xestada entre os seus integrantes a través dos anos e articulada en diversos proxectos musicais que tecen arredor das que son tamén as súas premisas basilares respecto ao repertorio e interpretación: música para cuarteto dos períodos clásico e primeiro romanticismo europeos interpretada con instrumentos encordados en tripa.

Galego

Nestor Pardo/ JP Bimeni & The Black Betls

NÉSTOR PARDO naceu na Coruña en 1985. En 2004, con só 19 anos, formou The Loveless Cousins, o seu primeiro grupo que liderou durante 5 anos como compositor principal, cantante e guitarrista. Con esta banda de Rock´n`Roll clásico publicou 2 álbums e virou por España e outros países europeos, sendo cabezas de cartel tamén en importantes festivais dos Países Baixos e Alemaña.  Debido a esa notoriedade Néstor é fotografado por Antonio Alay para o seu libro de fotografía «Rockin´ Spain«, sobre a escena Rock´n´Roll en España.

Galego

Sandra Calderón

Desde a alma é o primeiro traballo discográfico da artista coruñesa Sandra Calderón que ofrecerá un espectáculo flamenco que dialogará coa danza nas súas distintas expresións. Trátase dun encontro cultural no que quedará patente o esforzo da artista a través das súas colaboracións con fundacións contra o racismo e a discriminación e o apoio aos refuxiados. Sandra Calderón promete unha noite máxica de paixón con sorpresas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto