Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Samuda Trío

Samudra Trio nace da inquietude de facer unha proposta diferente ao estereotipo de recital de cámara.

Nos antigos textos védicos emprégase a palabra Samudra para referirse ao océano como auga que une á terra. Do sánscrito sam (unión) e udra (auga), Samudra (समुद्र) significa “unión das augas”. Así mesmo nesta agrupación, mimetizamos esa fusión de tres aguas, tres timbres e tres mulleres intérpretes

Galego

Celtian

Celtian estará a actuar na Sala Master Club de Vigo o sábado 9 de outubro de 2021, presentando o seu novo disco.

Sendas De Leyendas, será o terceiro disco de estudo da carreira de Celtian. Un novo disco de Celtian que volveron a contar coa produción de Txus dei Fellatio, batería e líder de Mägo de Oz, ademais de gravalo e mesturalo, de novo, nos Estudos Cube de Madrid, con Alberto Seara «Flor» como enxeñeiro de son. O disco foi masterizado por Dave Donnelly nos estudos DNA Mastering.

Galego

Los Plutones

A proposta musical do grupo Os Plutones baséase no ofrecer a un público predominantemente infantil a música dos grandes clásicos do rock, narrando unha historia que, ademais de servir de fío condutor para presentar os temas, utilízase para que o público interactúe co espectáculo e participe nel.Durante o espectáculo actúan en directo tres músicos que contan con amplos

coñecementos dentro do entretemento e a docencia infantil.

Galego

Too Many Villains

TOO MANY VILLAINS é o proxecto de 4 músicos vigueses, unidos no 2020 pola súa paixón, para crear e desenvolver temas que conteñan esencias de todo o que nos gusta: desde o pop dos 60 ao rock dos 70, pasando polo soul, o country, o funky ou a música indie. De todo o bo hase de aprender. Melodías atractivas, fondos de guitarras coidadas, arranxos potentes de baixo e batería, segundas voces, coros e sós como os que apenas se escoitan xa neste século XXI.

Galego

Doña Emilia

Charo López e Luís Santana xuntan de novo os seus talentos nun precioso recital dedicado a Emilia Pardo Bazán ao redor das cartas de amor a Benito Pérez Galdós.

Máis de 90 cartas escritas en 32 anos das cales extraemos algúns fragmentos onde contan a amizade, o amor e a admiración entre dous xenios do seu tempo, que compartiron cuitas creativas, avatares editoriais e algunha escapada ocasional. Unhas cartas nas que a personalidade de Pardo Bazán ?apaixonada, clara, guerreira, maternal? brilla tanto como o seu dominio da linguaxe, a súa graza e a súa orixinalidade.

Galego

Coral Polifónica Follas Novas

A Coral Polifónica Follas Novas celebrará o Cuarto Festival de Outono, concerto que na súa primeira parte dedicarémola a obras compostas por prestixiosos compositores da nosa terra (Groba, Manuel Fernández Amor, Pérez Bernal, etc?). E na súa segunda parte interpretaremos un divertido repertorio de polifonía xeral.

Ademais, no descanso contamos coa colaboración excepcional da virtuosa violinista Maryam Poghosian Mirzoyan, que interpretará dúas obras do seu repertorio.

Galego

Novas e vellas melodías con Pablo Díaz

O concerto Novas vellas melodías con Pablo Díaz xunto co prestixioso guitarrista “Rubén Barros” fai un percorrido polas cancións máis populares de Pablo, empezando polos temas do último traballo “Coas miñas mans” ata chegar aos máis famosos e coñecidos “O reloxo de Alberte”, “O moucho chosco”, etc.

Ademais, Pablo e Rubén incorporarán temas inéditos neste espectáculo.

Duración: 50 min.

Para nenos e nenas a partir de 7 anos

Inscrición previa dende o venres  anterior á actividade nos teléfonos 988788385/386.

Galego

Dr. Queen

A formacion Arxentina Dr. Queen, que leva virando polo mundo desde fai mais de 20 anos, con 900 concertos e considerada polo NED de Montreux en 2009 a mellor banda Tributo de todos os tempos, regresa de novo a España para ofrecer un dos seus espectaculares shows na sala Capitol de Santiago de Compostela.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto