Gospel- Érase unha vez Nova Orleans
Nova Orleans e os SPIRIT OF NEW ORLEANS GOSPEL CHOIR son formas distintas de dicir o mesmo. A esencia histórica da cidade, o 9th Ward ou Distrito 9, é o ámbito onde naceron física e profesionalmente os compoñentes de SONOGC e crecer no 9 déixache marcado para sempre. Será por iso que onde queira que van levan consigo a música da súa cidade, o seu ritmo de second line, a súa pulsación funky, o seu son R&B, todo o que define o gospel da cidade das cancións.

