Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Banda Artística de Merza

O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22

Galego

Xove Banda de Narón

O programa O país das bandas está promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22

Galego

I due foscari

I due Foscari (Os dous Foscari) é unha ópera en tres actos composta por Giuseppe Verdi, con libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseada no drama histórico The Two Foscari, de Lord Byron. Estreouse no Teatro Arxentina, Roma, o 3 de novembro de 1844.

Galego

Der Fliegende Holläder

Da brillante mente do compositor alemán Richard Wagner xorde Der fliegende Holländer, un renacer na súa carreira musical que presenta as características propias do seu estilo compositivo. ?Leitmotifs?, unha poderosa instrumentación e unha historia épica que provén dun mito de Europa do Norte resultaron ser, de feito, un punto de inflexión na traxectoria creativa de Wagner. Mantendo un control total sobre o proceso de creación, o mestre escribiu ademais o libreto da ópera.

Galego

Macbeth

Macbeth é unha ópera en catro actos e dez cadros con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano  de Francesco Maria Piave e Andrea Maffei, estreada no Teatro della Pergola, de Florencia  o 14 de marzo de 1847. O libreto está baseado na traxedia homónima de William Shakespeare. Foi a décima ópera de Verdi e tamén a primeira das obras de Shakespeare que adaptou á escena operística.

 

Galego

Grandes voces da lírica galega: Lucía Iglesias

Neste ciclo habitual dentro do Outono Lírico, prográmase un concerto dunha nova promesa da lírica galega. Neste caso da nova soprano lucense, Lucía Iglesias, gañadora dos premios líricos Mirna Lacambra e Andrés Gaos (Concurso Lírico Santiago de Compostela) interpretará un programa de cancións, romanzas e arias, acompañada de Carlos E. Pérez ao piano e Aldara Otero ao violín

Galego

A emigración galega, cancións de ida e volta

Outro cantante que volve estar connosco tras a súa participación en Pagliacci e Lles Pescheurs de Perles. Neste recital, tan interesante como necesario, preséntase e recupera o patrimonio musical de autores galegos vinculados ao fenómeno da emigración, configurando o concerto en catro bloques: Galicia, Arxentina, Cuba e México, nos que se repasarán pezas de compositores como José Castro Chané, Xoan Montes, José Fernández Vide ou Andrés Gaos que poñen música a textos de autores galegos como Curros Enríquez, Joaquín Aramburu, Aureliano José Pereira, Eduardo Branco Amor.

Galego

Nancy Fabiola Herrera e Alejandro Roy: Gran ópera Gala

Nancy Fabiola xunto con Teresa Berganza, é unha das Cármenes de referencia. Non en balde interpretou este rol no Covent Garden, o Metropolitan de Nova York ou na Scala de Milán. Xunto a ela está o tenor Alejandro Roy, quen debutou como Calaf no Metropolitan en 2.019, para interpretar unha selección de arias e dúos de óperas tan populares e universais como Pagliacci, Don Carlo, A Forza do Destino Il Trovatore, Carmen, A Favorita, Adriana Lecouvreur ou Aida. 

Galego

Nino Machaidze: Pasión Gala

Ramón Vargas coñeceu en Milán ao prestixioso mestre Rodolfo Celletti, que se converte no seu mestre de canto. Vargas debutou no Metropolitan Opera House de Nova York en 1992, substituíndo a Luciano Pavarotti en ?Lucia dei Lammermoor? xunto a June Anderson. Pouco despois debutou no escenario do Teatro alla Scala, en 1993, onde cantou Fenton nunha nova produción de Giorgio Strehler que celebraba o centenario de ?Falstaff?, dirixida musicalmente por Riccardo Muti.

 

Galego

Ismael Jordi e Sabina Puértolas: Bel Canto Gala

Volve Ismael Jordi neste caso acompañado de Sabina Puértolas, dous cantantes presentes das principais tempadas líricas nacionais e internacionais, dúas magníficas voces aclamadas pola crítica que serán os protagonistas desta gala na que se repasarán obras de autores como Massenet, Gounod, Donizzetti, Arrieta ou Vives e poderemos gozar de arias e dúos de óperas e zarzuelas como: Manon, Romeo e Julieta, Lucia dei Lammemoor, Dna. Francisquita

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto