Novas

O retablo da igrexa de San Pedro de Cudeiro xa está totalmente restaurado

03/10/2017

Cultura investiu preto de 10.000 euros na restauración desta peza do século XVII, de estilo barroco

A residencia do coreógrafo Javier Martín no CDG inclúe seminarios, encontros e a posta en escena de O estado cru

03/10/2017

O coreógrafo coruñés impartirá mañá no Salón Teatro o taller de movemento Corpo e vibración, ademais de protagonizar unha conversa con Antón Lopo e outros convidados arredor do papel do repertorio e da improvisación na práctica creadora

Ela, de Caramuxo Teatro

03/10/2017

O Fórum Metropolitano ofrece as primeiras funcións de Ela e Aguratrat! os días 6 e 12, respectivamente, dentro da súa programación como escenario asociado á Rede Galega de Teatros e Auditorios

Comezan os traballos de limpeza e roza no Castro de Vilar, en Folgoso do Courel

03/10/2017

Mañá comeza a actuación da Consellería de Cultura no xacemento, que conta cun orzamento de máis de 10.000 euros e un prazo de execución de tres semanas

Quince editoras representan a Galicia na Feira Internacional do Libro Liber en Madrid

03/10/2017

A Consellería de Cultura apoia a proxección do sector editorial galego na nova edición deste encontro profesional, que se celebra en Madrid do 4 ao 6 de outubro

Remover Roma con Santiago

02/10/2017

Este festival incide na cultura como eixo vertebrador de Europa

Román Rodríguez destaca o enorme talento cultural de Galicia na inauguración de Remover Roma con Santiago

Resaca, a última produción de IlMaquinario Teatro, poderase ver o sábado 7

02/10/2017

Oito deles forman parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O Centro Coreográfico Galego convoca o seu programa de coproducións para apoiar tres proxectos de danza

01/10/2017

O 17 de outubro remata o prazo de solicitude da convocatoria, dirixida a creadores ou compañías privadas de danza de carácter profesional con sede en Galicia

O CGAC inaugura a primeira exposición retrospectiva do artista Álvaro Negro

29/09/2017

A mostra, que leva por título Y, foi inaugurada esta tarde polo conselleiro de Cultura, quen gabou a traxectoria do creador lalinense

A declaración de Ben de Interese Cultural é o paso previo e necesario para acadar a desexada inclusión da Ribeira Sacra na lista do Patrimonio Mundial

29/09/2017

A Xunta reúnese con institucións da Ribeira Sacra para impulsar a declaración de BIC de parte desta zona como Paisaxe cultural

Páxinas