A Xunta promove os valores da formación musical entre a mocidade co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe no Gaiás ao arranque do VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, un certame no que participan preto de 600 intérpretes das seccións máis novas dunha ducia de bandas de música populares das catro provincias galegas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música co apoio da Xunta.

Galego

A Xunta apoia unha nova edición do festival ‘Abride a fiestra’, que homenaxeará as cantareiras cunha vintena de actividades na Casa Museo de Rosalía

Padrón (A Coruña), 3 de xullo de 2025

A Xunta volve apoiar a celebración do festival Abride a fiestra que se celebrará, o vindeiro 13 de xullo, na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, nunha edición que se suma á homenaxe das Letras Galegas deste ano ás cantareiras e á cultura popular galega, “fonte e inspiración indiscutible na creación da nosa escritora máis universal”. Así o salientou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación hoxe da programación do certame.

Galego

Ángel Miramontes anuncia que as obras na Catedral de Lugo rematarán este verán

Lugo, 3 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia completará este verán as obras na Catedral de Santa María de Lugo. Así o anunciou hoxe o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, nunha visita á basílica na que comprobou o avance dos traballos destinados a solucionar os problemas de humidade, centrándose na capela dos Ollos Grandes e nas absidiais, localizadas todas elas na cabeceira do templo.

Galego

A Xunta apoia a experiencia musical e vitícola do 17º Ribeira Sacra a través dos concertos do xacobeo e da marca FEST Galicia

Sober (Lugo), 2 de xullo de 2025

O 17º Ribeira Sacra Festival celebra a súa novena edición, do 18 ao 20 de xullo, cunha programación que inclúe 15 actuacións musicais en cartel xunto con experiencias de gastronomía, arte e outras actividades de promoción do territorio en sete localizacións do concellos de Sober, Pantón, Monforte de Lemos e O Saviñao. A Xunta apoia a organización do evento a través do programa Concertos do Xacobeo.gal e do patrocinio pola adhesión á marca FEST Galicia.

Galego

A Xunta apoia unha nova edición do certame de teatro ‘Festivalle’, que se suma á celebración do ‘Ano Castelao’

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 2 de xullo de 2025

A Xunta volve apoiar unha nova edición do certame de teatro Festivalle, que se dedica en exclusiva a obra, figura e legado de Ramón María del Valle-Inclán e que, neste 2025, se suma á celebración do Ano Castelao “para difundir e dar a coñecer a estreita relación persoal e artística entre ambos”. Así o explicou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da programación, que se desenvolverá, do 8 ao 11 de xullo, na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.

Galego

A Xunta leva a Baiona un percorrido en imaxes do Camiño portugués a través da mirada dunha trintena de fotógrafos lusos e galegos

Baiona, 1 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe no Multiusos Mercado Sabarís de Baiona a exposición O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, que reúne 65 imaxes dunha trintena de fotógrafos galegos e portugueses dos séculos XIX, XX e XXI. As instantáneas retratan a evolución histórica das realidades, das paisaxes e do patrimonio do itinerario xacobeo que transita entre a cidade do Porto e Santiago de Compostela e exhibiranse en Sabarís ata o vindeiro 29 de xullo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS