A Xunta leva a Baiona un percorrido en imaxes do Camiño portugués a través da mirada dunha trintena de fotógrafos lusos e galegos

Baiona, 1 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe no Multiusos Mercado Sabarís de Baiona a exposición O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, que reúne 65 imaxes dunha trintena de fotógrafos galegos e portugueses dos séculos XIX, XX e XXI. As instantáneas retratan a evolución histórica das realidades, das paisaxes e do patrimonio do itinerario xacobeo que transita entre a cidade do Porto e Santiago de Compostela e exhibiranse en Sabarís ata o vindeiro 29 de xullo. 

Galego

Xunta e Asociación Amigos de la Ópera asinan un convenio que permitirá representar en Vigo a célebre ‘Werther’

Vigo, 1 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a o presidente da Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, Daniel Diz, asinaron un convenio para desenvolver o Festival Outono Lírico que, entre outros concertos deste xénero, permitirá gozar na cidade olívica, o 8 de novembro, da célebre Werther de Jules Massenet.

Galego

Anxo M. Lorenzo remarca o labor do Festival Son do Pazo na difusión e promoción da música galega

Mos (Pontevedra), 30 de xuño de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da programación do X Festival O Son do Pazo 2025, unha iniciativa que terá lugar co apoio da Xunta de Galicia no Pazo de Mos entre o sábado 30 e o domingo 31 de agosto.

Galego

Arrinca a V Residencia literaria da Cidade da Cultura para impulsar dez proxectos inéditos de poesía, teatro e narrativa en galego

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deulle hoxe a benvida ás persoas participantes na V Residencia literaria da Cidade da Cultura. Desde hoxe, e ata o 12 de xullo, un total de dez escritoras e escritores emerxentes en lingua galega compartirán un espazo de traballo no Gaiás no que poñer en común inquedanzas e coñecementos para mellorar os seus proxectos inéditos de poesía, teatro, novela e contos.

Galego

A Xunta integra o centro de interpretación da Torre de Hércules no sistema galego de centros museísticos

A Xunta de Galicia integrará o Centro de Interpretación da Torre de Hércules no Sistema Galego de Centros Museísticos. Así se acordou hoxe no Consello, onde se deu luz verde a incorporación deste espazo situado no Concello da Coruña e xestionado polo propio consistorio.

Galego

A Xunta achega 114.000€ para adaptar o antigo edificio da Cámara Agraria como Biblioteca de Boimorto

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achegará 114.000€ para levar a cabo obras de adaptación no primeiro andar do antigo edificio da Cámara Agraria para uso da Biblioteca de Boimorto, na liña do seu plan de axudas para a divulgación, información e promoción da cultura, en todo o territorio no marco do Plan de mellora das infraestruturas no que traballa a Administración autonómica e en liña coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. Así se acordou hoxe no Consello da Xunta, no que se deu luz verde á sinatura do convenio entre o Goberno galego e o concello coruñés.

Galego

A XUNTA RENOVA O CONVENIO COAS DIOCESES GALEGAS CON 600.000€ PARA INTERVENCIÓNS EN IGREXAS PARROQUIAIS

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á renovación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as dioceses galegas para contribuír a pequenas actuacións de conservación e mantemento de 16 igrexas parroquiais que forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Así, o acordo contempla este ano unha achega de 600.000€ para realizar distintas intervencións de protección e rehabilitación nestes bens ao longo do ano.

Galego

O Consello da Xunta aproba a declaración da Rapa das Bestas de sabucedo como Ben de Interese Cultural

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mínimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento  supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS