A Xunta celebra as Letras Galegas nas bibliotecas con máis de 60 propostas para todos os públicos
Vigo, 7 de maio de 2025
Vigo, 7 de maio de 2025
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza con membros da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para poñer en común a valoración deste colectivo, que agrupa máis de 300 profesionais do sector, respecto a actual situación dos profesionais da interpretación nos ámbitos da escena e do audiovisual.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025
A Xunta de Galicia congregou hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, máis de 35 profesionais, compañías e entidades do sector da danza para a presentación do primeiro programa galego de emprendemento e formación neste ámbito, deseñado e organizado conxuntamente coa Fundación Paideia Galiza e a Fundación EOI (Escola de Organización Industrial) co obxectivo de impulsar o talento e a profesionalización.
A Coruña, 7 de maio de 2025
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025.- A Xunta de Galicia porá en marcha un selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no Parlamento de Galicia, onde compareceu a petición propia no Pleno para informar sobre a folla de ruta do seu departamento nos vindeiros meses.
O venres 9 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na Feira do Libro de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda (na Carpa de Actividades), un encontro de Banda Deseñada con Paula Mayor, autora de "Rosalía oculta", Premio Castelao de Banda Deseñada 2023; Alexandre Senande, debuxante de "Sentinelas no limiar das tebras", segunda parte do cómic que inaugurou a colección BD Galaxia; e Sandra Lodi, autora de "Papóns", Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado e Premio Follas Novas ao Libro Ilustrado 2024.
A Coruña, 5 de maio de 2025
Lugo, 5 de maio de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o 31 de maio a exposición Imaxes, formada por 37 pinturas ao óleo realizadas pola taboadesa Isabel Vázquez nos últimos dous anos.
Na inauguración participou o delegado territorial, Javier Arias, e a propia artista, entre outras persoas. As obras que compoñen a mostra plasman a paixón da autora pola danza e polos animais. Tamén están presentes outros elementos que a inspiran, como a auga; xunto con retratos de persoas próximas a ela ou de personaxes que lle interesan.
O Goberno galego colaborará coas librerías galegas para mellorar a súa dixitalización e impulsar o libro galego. Así se informou hoxe no Consello da Xunta, no que se deu luz verde ao convenio de colaboración coa Federación de Librarías Galegas dotado con máis de 220.000€ e destinado a facilitar actuacións de divulgación, información e promoción da cultura mediante a organización de actividades, o deseño de iniciativas formativas e a mellora e modernización dos recursos.
O Goberno galego autorizou desde o ano 2016 máis de 40.000 metros lineais de documentación co fin de optimizar a xestión documental. Así se reflicte no informe sobre o impacto do Consello de Avaliación Documental de Galicia avaliado hoxe no Consello da Xunta e no que se dá conta do funcionamento desta ferramenta estratéxica para garantir unha correcta conservación, acceso e eliminación dos douscentos producidos polas administracións públicas galegas.