Axudas para o libro galego, no que se refire á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas

Resolución do 08 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 25 de agosto de 2025 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221D).

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca o papel do XIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na estimulación de novas creacións artísticas

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Centro Galego de Arte Contemporáneo as bases do XIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un galardón impulsado pola Xunta de Galicia, a Asociación Outono Fotográfico e a Deputación de Lugo co obxectivo de promover novas creacións nesta disciplina.

Galego

A Xunta iniciará os trámites para licitar a redacción do proxecto do Teatro Cine Fraga este mes

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia iniciará nas vindeiras semanas, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, os trámites para licitar a redacción do proxecto básico e de execución para a terminación das obras do Teatro Cine Fraga. Deste xeito, o Goberno galego traballa para finalizar a redacción dos pregos antes de que remate o mes coa intención de que sexa o arquitecto César Portela, autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director da obra xa executada, quen continúe coa tarefa de rehabilitar o inmoble. 

Galego

Anxo M. Lorenzo pon en valor a capacidade da fotografía para transmitir historias na inauguración da mostra ‘Habitar o baleiro’

Padrón (A Coruña), 18 de xullo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Fundación Camilo José Cela a exposición do fotoxornalista Brais Lorenzo, Habitar o baleiro, que ten como obxectivo documentar  o despoboamento e a vida no rural galego. Un xeito, apuntou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, “de empregar a fotografía como un recurso máis para contar historias, para achegar o pasado de Galicia á sociedade xeral e para mostrar a importancia da fotografía na cultura e no día a día da poboación”.

Galego

López Campos destaca “o gran valor etnográfico, histórico e artístico” do Fondo Faustino Santalices

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de recepción do Fondo Faustino Santalices, conservado polo seu fillo e doado ao Padroado do Museo do Pobo Galego polas súas netas co obxectivo de “facer accesible ao público unha singular colección de gran valor etnográfico, histórico e artístico”, tal e como apuntou o representante da Xunta.

Galego

López Campos remarca a importancia de iniciativas que “acheguen a Castelao ás novas xeracións”

Santiago de Compostela, 17  de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou a relevancia de “achegar a Castelao, emblema da nosa identidade e cultura, ás xeracións novas”. Fíxoo hoxe na presentación do libro Castelao, entre nós. 75 anos despois, que se celebrou en San Domingos de Bonaval e na que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Galego

López Campos visita co Ministro de Cultura a Casa Museo Rosalía en Padrón

Padrón (A Coruña), 17  de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o titular de Cultura do Goberno central, Ernest Urtasun, realizaron esta tarde unha visita á Casa-Museo Rosalía, en Padrón. O percorrido polas instalacións encádrase na axenda que nesta xornada desenvolve en Galicia o ministro, acompañado polo representante da Xunta, para tratar asuntos da súa competencia e que comezou en Vigo, anunciando un paso adiante no proxecto da Biblioteca da cidade.

Galego

López Campos celebra que Vigo estea máis preto de ter “a biblioteca que merece e pola que traballamos desde a Xunta”

Vigo, 17  de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebrou hoxe que Vigo estea “un paso máis preto de ter a biblioteca que merece“. Fíxoo tras visitar xunto co Ministro de Cultura, Ernest Urtasun, a parcela na que o Goberno central ten previsto construír esta infraestrutura.

Galego

Arranca a nova programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios con 219 novas actuacións escénicas e musicais ata decembro en 40 concellos

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado entre a Xunta e as entidades locais asociadas, ofrece de xullo a decembro en 40 concellos galegos un total de 219 novas representacións a cargo de 115 formacións artísticas. Por disciplinas, haberá 181 actuacións de teatro, 14 concertos, 13 funcións de danza, oito de maxia e tres de novo circo. Entre todas elas, 65 están destinadas especificamente a público infantil e familiar.

Galego

López Campos define o Castelo Conta como “unha cita imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral”

Culleredo (A Coruña), 16 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación da X edición do Festival Castelo Conta que definiu “como unha cita imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral, ademais dunha poderosa ferramenta para a dinamización da nosa lingua”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS