A Xunta convoca unha mesa de diálogo sobre os murais de Urbano Lugrís co Concello e a Deputación da Coruña

A Coruña, 26 de maio de 2025

A Xunta de Galicia acaba de convocar ao Concello e a Deputación da Coruña para abordar conxuntamente o futuro dos murais de Urbano Lugrís, localizados nos números 25 e 27 da rúa Olmos. O encontro, que se celebrará o vindeiro mércores 4 de xuño na sede da Delegación da Xunta na cidade, dá cumprimento ao acordo aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o pasado mes de abril para instar ao Goberno galego a iniciar un proceso de diálogo coas administracións implicadas.

Galego

ENCRUCILLADOS

BREVE SINOPSE de “ENCRUCILLADOS” (Comedia Negra):

Nunha noite de treboada, unha rapaza entra as agachadas no despacho dun profesor da universidade. El a descobre e, tras escoitar as estrañas explicacións da moza, decide instruíla no descifrado dos encrucillados crípticos polos que el é coñecido. A situación complicarase porque ámbolos dous ocultan as súas verdadeiras intencións.

Galego

López Campos felicita ao director Oliver Laxe polo seu triunfo no Festival de Cannes

Navia de Suarna (Lugo), 26 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañou onte o realizador galego Oliver Laxe na  proxección especial de preestrea en Galicia do filme Sirat en Navia de Suarna, despois de ser recoñecido co Premio do Xurado no Festival de Cannes.

Galego

López Campos reivindica o papel dos festivais audiovisuais galegos na colocación da estrela do cineasta Alfonso Zarauza en Cans

O Porriño (Pontevedra), 23 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na colocación da estrela coa que o Festival de Cans homenaxea o cineasta compostelán Alfonso Zarauza, galardoado co Premio Pedigree de Honor polos seus 30 anos de traxectoria. A actual 22ª edición do certame que se celebra do 20 ao 24 de maio na localidade pontevedresa do Porriño,  arrancou o pasado martes un programa que ofrece 120 filmes, 40 deles estreas en Galicia, e que conta co apoio da Xunta de Galicia para a súa celebración. 

Galego

A Xunta fornece a programación cultural de Vigo apoiando con 30.000€ as actividades da Asociación Evame-Oroza para este 2025

Vigo, 23 de maio de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 30.000 euros para apoiar as actividades da Asociación Évame-Oroza deste ano 2025 e, deste xeito, “fornecer aínda máis, desde o Goberno galego, a programación cultural de Vigo”. Así o salientou o titular deste departamento, José López Campos, na sinatura hoxe na cidade olívica dun convenio de colaboración co presidente desta entidade, Javier Romero, e na que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Galego

López Campos traslada á fundación Carlos Casares o compromiso da Xunta de continuar a colaboración coas súas actividades

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe co presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares, e co membro da súa directiva e fillo do escritor, Hâkan Olof Casares, aos que lles amosou o compromiso do Goberno galego de seguir mantendo a colaboración coas súas actividades.

Galego

A Xunta apoia a celebración do Galicia Design Week, que remata mañá na Coruña cunha xornada profesional

A Coruña, 23 de maio de 2025

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación das actividades profesionais do festival Galicia Design Week, onde deixou testemuño do apoio da Xunta de Galicia a este evento que mañá remata na Coruña despois de ter desenvolvido desde o pasado día 16 unha vintena de actividades abertas arredor da creación galega e internacional neste ámbito.

Galego

A Asociación Morreu o Demo viaxa a Corea co apoio da Xunta para recoller un premio internacional polo seu labor de recuperación do títere tradicional galego

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

A Asociación Cultural Morreu o Demo viaxará a semana que vén a Corea do Sur para participar no Congreso da Unión Internacional da Marioneta con motivo do premio que este organismo asociado á Unesco lle entregará en recoñecemento ao seu labor de recuperación do títere tradicional galego. A entidade anunciou hoxe as actividades que desenvolverá a representación galega neste encontro, o máis importante dos especializados neste ámbito a nivel mundial e no que participa co apoio económico da Xunta de Galicia.

Galego

O Castro de Viladonga, escenario dunha homenaxe a Abraham Cupeiro organizada pola asociación lucense ‘Vindicta’

Castro de Rei (Lugo), 23 de maio de 2025

O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi hoxe escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’. A iniciativa foi promovida polo propio colectivo.

O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, sumouse ao acto, no que lle trasladou o recoñecemento da Xunta ao artista sarriao, multiinstrumentista e luthier que destaca entre as principais figuras do panorama musical galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS