A Xunta e a Fundación Castelao desenvolven unha mostra inmersiva cunha recreación hiperrealista de Castelao e a súa voz grazas á intelixencia artificial

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou hoxe no Museo Centro Gaiás as liñas de traballo da exposición inmersiva Castelao. Mirar por Galicia. Realizada coa colaboración da Fundación Castelao, a mostra representa a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. 

Galego

O Mercado Galicia Escena PRO inicia catro xornadas de exhibición, presentacións de proxectos e debate con máis de 500 reunións profesionais xa pechadas

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025

A organización de Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a asociación Escena Galega, ten xa concretadas máis de 500 reunións entre compañías galegas e representantes de festivais, circuítos e espazos de exhibición de toda a península, que se darán cita entre mañá e o xoves 5 en Santiago de Compostela con motivo da 12ª edición deste encontro.

Galego

O novo festival de series Ría de Vigo estrea en exclusiva a produción galega-portuguesa ‘Lume’, subvencionada pola Xunta

Vigo, 30 de maio de 2024

O novo Festival Internacional de Series Ría de Vigo, que se celebra desde onte na Estación Marítima da cidade olívica, acolleu esta noite a estrea en exclusiva da  serie galego-portuguesa Lume, que poderá verse a partir do 19 de xuño nas televisións públicas de Galicia e Portugal, así como na plataforma Max. A compañía galega Setemedia recibiu unha subvención da Xunta de máis de 240.000 euros para coproducir coa lusa Coral Europa este thriller xornalístico protagonizado por Cristina Castaño e Albano Jerónimo.

Galego

A Xunta impulsa a proxección de gañadores do ‘Xuventude Crea’ incorporándoos no cartel do Festival Orballo Cultural

Vigo, 30 de maio de 2025

A Xunta vai impulsar a proxección de gañadores do Xuventude Crea 2024 incorporándoos ao cartel do Festival Orballo Cultural, que dará comezo este sábado, día 31, na Estrada e que tamén se celebrará nos concellos de Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo. Así o deu a coñecer hoxe a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, quen considerou esta inclusión unha “demostración máis da aposta do Goberno galego por difundir e darlle visibilidade ao enorme talento emerxente que sae deste certame”.

Galego

Anxo M. Lorenzo anima a cidadanía a gozar da cultura na Feira do Libro do Porriño

O Porriño (Pontevedra), 29 de maio de 2025.- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a Feira do Libro do Porriño, a cuarta parada do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia e que este ano percorrerá 13 cidades e vilas ata finais do mes de agosto.

Galego

López Campos destaca o compromiso da Xunta coa Catedral de Mondoñedo á que dedica preto de 300.000€ este ano

Mondoñedo (Lugo), 28 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe a Catedral de Mondoñedo, onde se acaban de completar os traballos de renovación do sistema eléctrico e de iluminación. Trátase dunha actuación impulsada xunto coa Fundación Endesa e ao abeiro dun convenio coa Diocese de Ferrol-Mondoñedo que se encadra no compromiso da Xunta de Galicia coa conservación e posta en valor deste ben. 

Galego

Gaitafilmes encara a fin da rodaxe de ‘Monstro’, a nova película de Andrés Goteira producida con subvención da Xunta de Galicia

Lugo, 28 de maio de 2025

O novo Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acolleu hoxe a penúltima xornada de filmación de Monstro, a segunda longa de ficción do director Andrés Goteira tras o éxito do seu debut con Dhogs. Antonio Durán Morris e Iván Marcos protagonizan esta nova película, para a que a produtora Gaitafilmes dispuxo dunha subvención de máis de 255.000 euros por parte da Xunta de Galicia a través da convocatoria de 2022 para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS