A Xunta inaugura nas torres Hejduk unha instalación artística que evoca unha paisaxe onde a natureza foi substituída por unha versión creada polas máquinas
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2025
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2025
A Estrada (Pontevedra), 28 de agosto de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na parroquia de Frades, no municipio da Estrada, da tradicional procesión e romaría dos Milagres de Requián. Esta tradición remóntase á construción da igrexa parroquial de Frades dedicada á Virxe da Piedade no século XVIII tras á que se converteu nun centro de oración para os peregrinos que camiñan cara a Compostela.
Vigo, 28 de agosto de 2025
O festival The Wild presentou esta mañá en Vigo a súa sétima edición, que conta co apoio da Xunta de Galicia para a programación de música, cinema e diferentes actividades na natureza que terá lugar do 5 ao 7 de setembro no parque forestal de San Miguel de Oia.
Vigo, 27 de agosto de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a exposición Máis Aló, de Joaquín Moldes, animando á cidadanía a visitar a mostra que chega ao final da súa estadía temporal neste centro o vindeiro domingo.
O Festival dos Eidos celebra a súa décima edición entre o venres 29 e o domingo 31 de agosto na casa natal do poeta Uxío Novoneyra en Parada do Courel. Esta programación organizada pola fundación que coida o seu legado convoca anualmente a unha ampla comunidade de lectores e amantes deste libro cumio da literatura galega, especialmente identitario para os habitantes da montaña luguesa: Os Eidos. Libro do Courel.
A Consellería de Cultura e Lingua e Xuventude publica o día 27 de agosto de 2025 a resolución das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 30 de abril pola que se establecen as subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (Procedemento CT215C) convocada pola Orde do 30 de abril de 2025 (DOG núm. 89, do 12 de maio de 2025).
Vigo, 26 de agosto de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu esta tarde no Auditorio Mar de Vigo á primeira das preestreas de Romería, o novo filme da cineasta catalá Carla Simón, antes da súa chegada ás salas de cine o vindeiro 5 de setembro. O equipo da película, coa súa directora e a produtora María Zamora á cabeza, compartiu este pase especial co público da cidade olívica, que xunto con outras localizacións da provincia de Pontevedra, acolleu hai un ano a súa rodaxe.
Ferrarese: historias dunha tiorba e a súa cidade
Música contemplativa de canto gregoriano dramatizado
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025
A Xunta impulsa a primeira edición das xornadas Compostela Histórica coas que, os días 26 e 27 de setembro en Santiago, se divulgarán os aspectos menos coñecidos da historia de Galicia, a través de conferencias impartidas por unha ducia de escritores, músicos, arqueólogos, historiadores e investigadores, entre os que se atopan Pedro Feijóo, Bieito Romero, Lidia Merenciano ou Cristian Gálvez.