López Campos salienta a aposta do FIOT de Carballo pola produción escénica galega nunha edición sobre a busca da raíz
Carballo (A Coruña), 4 de setembro de 2025
Carballo (A Coruña), 4 de setembro de 2025
Castro de Rei (Lugo), 4 de setembro de 2025
A nova actuación arqueolóxica impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no Castro de Viladonga (Castro de Rei) tivo entre os resultados máis destacados a exhumación da primeira moeda romana da caetra localizada no xacemento.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2025
O filme Me has robado el corazón, rodado en Galicia co apoio da Xunta, estrearase exclusivamente nas salas de cine españolas en 2026, segundo acaban de anunciar Sony Pictures e Ficción Producciones. Óscar Casas e Ana Jara protagonizan esta comedia romántica, con toques de road movie, dirixida por Chus Guitérrez e cos galegos Luis Zahera, Miguel de Lira, Raquel Espada ou Xurxo Carreño no reparto.
Madrid, 3 de setembro de 2025
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou esta tarde a exposición Unha noite revelada. La Casa de la Troya 1925-2025, unha mostra que conmemora o centenario da primeira adaptación cinematográfica da novela de Alejandro Pérez Lugín. Esta obra literaria supuxo un dos grandes fitos da literatura galega de comezos do século XX.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
A Xunta aposta por un ocio familiar de calidade en Cidade Imaxinaria con máis de medio centenar de artistas e 14 compañías galegas, nacionais e internacionais, moitas delas recoñecidas en festivais ao redor do mundo. A cita terá lugar na Cidade da Cultura o vindeiro sábado 6 de setembro, desde as 17,00 horas ata as 22,00 horas, con entrada libre e de balde.
RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 28 de xullo de 2025 pola que se conceden as subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2025 (código de procedemento CT211B).
RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola se ordena a publicación da Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se conceden as axudas ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 7 de abril), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan par
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu hoxe a presentación da nova temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego, que congregou na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, unha trintena de representantes de compañías, concellos e entidades culturais coas que a compañía publica colabora no desenvolvemento desta programación baixo o lema O teatro, punto de encontro.
Baiona (Pontevedra), 3 de setembro de 2025
A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, inaugurou hoxe en Baiona, acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña, a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que contempla a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade e que poderá verse no Paseo de Pinzón ata o vindeiro día 29 deste mes.