ENCRUCILLADOS

BREVE SINOPSE de “ENCRUCILLADOS” (Comedia Negra):

Nunha noite de treboada, unha rapaza entra as agachadas no despacho dun profesor da universidade. El a descobre e, tras escoitar as estrañas explicacións da moza, decide instruíla no descifrado dos encrucillados crípticos polos que el é coñecido. A situación complicarase porque ámbolos dous ocultan as súas verdadeiras intencións.

Galego

A Xunta impulsa a creación en galego a través da III Residencia Literaria da Illa de San Simón

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo hoxe unha xuntanza con preto dunha vintena dos creadores que este ano van participar na terceira edición da Residencia Literaria da Illa de San Simón. Trátase dunha iniciativa coa que a Xunta proporciona aos bolseiros unha estadía que ofrece unhas condicións óptimas para potenciar a súa creatividade para impulsar a creación en galego.

Galego

O Centro Dramático Galego e Mariña Lestón coproducen un espectáculo sobre a Costa da Morte que percorrerá o litoral con 17 funcións

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025

Diferentes espazos singulares ao longo do litoral de Galicia serán o escenario dunha nova coprodución teatral do Centro Dramático Galego que, baixo o título Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, ten xa programadas 17 representacións entre os meses de xuño e xullo. A creadora Mariña Lestón asina a dramaturxia, dirección e produción desta montaxe, que ela mesma pon en escena para propoñer unha viaxe pola nosa historia marítima a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo.

Galego

Anxo M. Lorenzo salienta a contribución da Casa Museo María Antonia Dans á dinamización cultural de Curtis

Curtis (A Coruña), 16 de maio de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración da exposición Sempre arte no corazón, da pintora María José Rodríguez, na Casa Museo María Antonia Dans, en Curtis. Precisamente, salientou a “importante contribución e dinamización cultural” que está a supor para este municipio coruñés a programación e actividade que desenvolve esta entidade.

Galego

A Xunta homenaxea ás mulleres que mantiveron viva a poesía oral na mostra ‘Tesoureiras do noso’ con motivo das Letras Galegas

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia Tesoureiras do noso, a mostra que, con motivo do Día das Letras Galegas, homenaxea a todas as mulleres que mantiveron viva a poesía oral tradicional. 

Galego

A Xunta convoca as axudas para que as galerías de arte galegas participen en feiras e mercados nacionais e internacionais

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2025.- A Xunta de Galicia acaba de abrir a convocatoria de axudas para apoiar ás galerías de arte na súa participación en feiras e mercados fóra da Comunidade galega. Como publica o Diario Oficial de Galicia, destínase unha achega de 80.000€ para colaborar cos profesionais que estean interesados a participar neste tipo de citas celebradas entre decembro de 2024 e novembro deste ano.

Galego

López Campos promove o audiovisual galego baixo a marca ‘Films from Galicia’ no mercado cinematográfico de Cannes

Cannes (Francia), 16 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Marché du Film, o mercado audiovisual que se desenvolve en paralelo ao Festival de Cannes, no que a Xunta está presente cun expositor identificado baixo marca Films from Galicia e desde o que se presta apoio á promoción dos últimos títulos producidos ou dos traballos en curso das empresas galegas do sector.

Galego

A Xunta apoia o audiovisual galego ‘Fillos do vento. A rapa’, único de España que compite na Sección Inmersiva do Festival Internacional de Cannes

Cannes (Francia), 15 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe, acompañado polo director da Axencia das Industrias Culturais,Jacobo Sutil, a videoinstalación Fillos do vento. A rapa de Brais Revaldería, proxecto con financiamento da Xunta e único de España que compite na Sección Inmersiva do Festival Internacional de Cannes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS