López Campos reúnese coa nova directiva da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil para explorar vías de colaboración

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co novo equipo directivo da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, presidido por Irene Penas, para abordar distintas vías de colaboración de cara aos vindeiros meses co obxectivo de seguir potenciando a produción destas publicacións destinadas ao público máis novo.

Galego

O Festival Abanea leva 15 funcións de nove compañías de danza contemporánea polas catro provincias co apoio da Xunta

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova co apoio da Xunta de Galicia. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, estenderá así a súa actividade de exhibición e dinamización ás catro provincias grazas ao convenio asinado coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

A Xunta convoca a primeira edición do certame ‘Bibliotecas que inspiran’

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de convocar a primeira edición do certame Bibliotecas que inspiran, co que se pretende dar continuidade ao Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia, que leva xa sete edicións, recoñecendo os proxectos desenvolvidos polas bibliotecas municipais para o fomento da lectura e das competencias dixitais da cidadanía.

Galego

A Xunta completa os traballos na Igrexa de San Martiño de Lousada coa reordenación do cemiterio

Samos (Lugo), 5 de xullo de 2025

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, visitou hoxe o remate das obras de reordenación do Cemiterio de San Martiño de Lousada, que completan os traballos levados a cabo pola Xunta de Galicia na igrexa no ano 2020.  

Galego

As axudas da Xunta ao talento audiovisual distribúen 176.000 euros entre 11 curtas e longametraxes

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia acaba de resolver a concesión da súa convocatoria anual de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento galego, a través da que inviste 176.000 euros en 11 novas curtas e longametraxes en versión orixinal galega. As diferentes contías outorgadas destinaranse á realización de seis novas curtametraxes con 8000 euros por proxecto, á posprodución doutras dúas que reciben 4000 euros en cada caso e á produción de tres películas en formato longo, con 40.000 euros cada unha.

Galego

A Xunta promove os valores da formación musical entre a mocidade co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe no Gaiás ao arranque do VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, un certame no que participan preto de 600 intérpretes das seccións máis novas dunha ducia de bandas de música populares das catro provincias galegas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música co apoio da Xunta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS