Resolución provisional festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado 2024
A Xunta de Galicia colabora un ano máis polo Día da Ilustración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que para o 2026 homenaxeará a Siro López, coñecido como Siro, un artista que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, alén doutras facetas como retratista, debuxante e pintor.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2025 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
Letras
Editorial Galaxia
Artes Visuais
Bienal de Arte de Pontevedra
Artes Escénicas
Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
O sector audiovisual é un dos ámbitos estratéxicos no desenvolvemento cultural de Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo encargado da planificación e xestión das liñas de fomento do tecido empresarial audiovisual, do desenvolvemento do talento técnico e creativo, da innovación e da súa promoción exterior.
Para a proxección internacional do audiovisual galego a Consellería de Cultura e Turismo conta, ademais, cunha liña de internacionalización en colaboración co Igape, como fórmula de crecemento empresarial, xunto coa innovación e a mellora competitiva.
O centro comercial Área Central será o escenario, neste mes de novembro, da I Edición
do Festival Dálle Xogo, un evento dedicado integramente ao mundo dos xogos de mesa e o
ocio sen pantallas. O festival reunirá a editoriais, creadores, divulgadores i entidades locais
nun espazo aberto a todas as idades, pensado para gozar, aprender e compartir ao redor do
xogo de mesa.
Lugo, 23 de setembro de 2025
O barrio da Tinería acollerá este venres, 26 de setembro, unha sesión de Cantos de Taberna organizada pola asociación de empresarios Itineris co patrocinio da Xunta. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da iniciativa xunto con Isabel Lozano, presidenta do colectivo.
A cita comezará cun obradoiro de pandeireta ás 18,00 horas; seguido doutro de baile tradicional a partir das 19,00 horas. Ambos son gratuítos e van dirixidos a participantes maiores de 12 anos, con inscrición previa.