López Campos resalta o compromiso da Xunta coa conservación dos bens eclesiásticos e do Camiño
Lugo, 30 de xuño de 2025
Lugo, 30 de xuño de 2025
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deulle hoxe a benvida ás persoas participantes na V Residencia literaria da Cidade da Cultura. Desde hoxe, e ata o 12 de xullo, un total de dez escritoras e escritores emerxentes en lingua galega compartirán un espazo de traballo no Gaiás no que poñer en común inquedanzas e coñecementos para mellorar os seus proxectos inéditos de poesía, teatro, novela e contos.
A Xunta de Galicia integrará o Centro de Interpretación da Torre de Hércules no Sistema Galego de Centros Museísticos. Así se acordou hoxe no Consello, onde se deu luz verde a incorporación deste espazo situado no Concello da Coruña e xestionado polo propio consistorio.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achegará 114.000€ para levar a cabo obras de adaptación no primeiro andar do antigo edificio da Cámara Agraria para uso da Biblioteca de Boimorto, na liña do seu plan de axudas para a divulgación, información e promoción da cultura, en todo o territorio no marco do Plan de mellora das infraestruturas no que traballa a Administración autonómica e en liña coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. Así se acordou hoxe no Consello da Xunta, no que se deu luz verde á sinatura do convenio entre o Goberno galego e o concello coruñés.
O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á renovación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as dioceses galegas para contribuír a pequenas actuacións de conservación e mantemento de 16 igrexas parroquiais que forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Así, o acordo contempla este ano unha achega de 600.000€ para realizar distintas intervencións de protección e rehabilitación nestes bens ao longo do ano.
O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mínimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección.
Castro de Rei (Lugo), 30 de xuño de 2025
O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, organiza este verán un Campamento castrexo na Reserva da Biosfera Terras do Miño, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. En total ofrécense 60 prazas en catro quendas – 15 en cada unha – que se sucederán ata o día 22 de agosto.
Lugo, 29 de xuño de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Patrimonio Cultural, Angel Miramontes, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, para poñer en valor a súa declaración como Ben de Interese Cultural. Esta cerimonia, que tivo lugar na catedral de Lugo, supuxo a primeira celebración con esta distinción por parte da Xunta polo seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2025
O próximo xoves 3 de xullo, ás 21 horas, darán comezo os concertos de Atardecer no Gaiás coa actuación de The Rapants, unha das bandas galegas con máis proxección dos últimos anos. Os de Muros traerán á Cidade da Cultura o pop surfeiro e alegre do seu último disco, La máquina del buen rollo, galardoado co premio ao mellor álbum en galego nos Premios MIN da música independente estatal.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025.- O Centro Dramático Galego suma un novo título ao seu programa anual de coproducións coa estrea mañá en Culleredo de Punto en boca: entre fíos anda o lío, espectáculo itinerante da creadora Raquel Crespo que xirará ata finais de agosto por unha trintena de localidades, maioritariamente en núcleos rurais das catro provincias.