A 42ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas exhibirá 26 espectáculos durante 15 días

Cangas do Morrazo (Pontevedra), 8 de maio de 2025

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais.

Galego

Anxo M. Lorenzo salienta a divulgación cultural e pedagóxica da música clásica na XII edición do Festival Bal y Gay

Madrid, 8 de maio de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XII edición do Festival Bal y Gay, que celebrará do 12 ao 21 de agosto máis dunha decena de concertos, encontros internacionais e outras accións. Tal e como salientou, “trátase dunha cita que promove a divulgación cultural e pedagóxica da música clásica e que contará, un ano máis, co apoio da Xunta de Galicia”.

Galego

López Campos reúnese coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia para valorar a situación actual da interpretación na escena e no audiovisual

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza con membros da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para poñer en común a valoración deste colectivo, que agrupa máis de 300 profesionais do sector, respecto a actual situación dos profesionais da interpretación nos ámbitos da escena e do audiovisual.

Galego

López Campos presenta o primeiro programa galego de emprendemento en danza para impulsar o talento e a profesionalización do sector

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

A Xunta de Galicia congregou hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, máis de 35 profesionais, compañías e entidades do sector da danza para a presentación do primeiro programa galego de emprendemento e formación neste ámbito, deseñado e organizado conxuntamente coa Fundación Paideia Galiza e a Fundación EOI (Escola de Organización Industrial) co obxectivo de impulsar o talento e a profesionalización.

Galego

LÓPEZ CAMPOS ANUNCIA A CREACIÓN DUN SELO PARA IMPULSAR O USO DA LINGUA NO ÁMBITO SOCIOECONÓMICO

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025.- A Xunta de Galicia porá en marcha un selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no Parlamento de Galicia, onde compareceu a petición propia no Pleno para informar sobre a folla de ruta do seu departamento nos vindeiros meses.

Galego

Encontro arredor da banda deseñada con PAULA MAYOR, ALEXANDRE SENANDE e SANDRA LODI

O venres 9 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na Feira do Libro de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda (na Carpa de Actividades), un encontro de Banda Deseñada con Paula Mayor, autora de "Rosalía oculta", Premio Castelao de Banda Deseñada 2023; Alexandre Senande, debuxante de "Sentinelas no limiar das tebras", segunda parte do cómic que inaugurou a colección BD Galaxia; e Sandra Lodi, autora de "Papóns", Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado e Premio Follas Novas ao Libro Ilustrado 2024.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS