O Consello da Xunta aproba a declaración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou hoxe de que o Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao considerar acreditado “o seu valor sobranceiro” como patrimonio inmaterial do pobo galego, o que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección.
