A Xunta ofrece unha actuación das pandeireteiras do colectivo vigués O Fiadeiro no Museo do Mar de Galicia como novidade do ciclo ‘Danza 3’
Vigo, 12 de xuño de 2025
Vigo, 12 de xuño de 2025
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse este mediodía coa asociación empresarial Escena Galega para valorar o avance das liñas de traballo en común recollidas no convenio subscrito anualmente entre a entidade da Xunta de Galicia e o colectivo escénico co obxectivo de desenvolver un amplo programa de dinamización profesional e sectorial.
Madrid, 11 de xuño de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XIII edición do Festival Groba, celebrada na Casa de Galicia en Madrid, onde agradeceu o importante labor de difusión do legado do mestre Rogelio Groba que se fai nesta cita a través dun amplo programa de actividades entorno á música clásica.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024
Vigo, 10 de xuño de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza coa consejera de Cultura y Deporte de Andalucía, Patricia del Pozo, para explorar distintas vías de colaboración entre ambas as dúas Comunidades co fin de levar a cabo proxectos conxuntos, aproveitando a cooperación entre os dous Gobernos autonómicos na exposición inaugurada onte no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
A Xunta de Galicia únese á conmemoración este ano 2025 do centenario da película muda La casa de Troya, baseada na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín. Así se deu a coñecer hoxe nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela, na que participou o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.
Ponteareas (Pontevedra), 10 de xuño de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que contempla a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade. O proxecto, que se enmarca dentro das itinerancias expositivas da Cidade da Cultura, pode visitarse na Praza da Música de Ponteareas ata o vindeiro 30 de xuño.
O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á sinatura do convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Mos para dar continuidade a rehabilitación da Antiga Casa Reitorial de Petelos cun investimento por parte do Goberno galego de 200.000€ para as actuacións que se levarán a cabo durante os anos 2025 e 2026.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2025
O Centro Dramático Galego acaba de incorporarse á Unión de Teatros de Europa, unha das principais e máis influentes asociacións europeas do sector. A súa adhesión foi aprobada pola asemblea xeral desta rede en recoñecemento á calidade, traxectoria e compromiso coas artes escénicas da compañía institucional da Xunta, que lle dá así un novo impulso á súa estratexia de internacionalización da dramaturxia e da profesión teatral de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2025
A Xunta de Galicia reuniu hoxe na Cidade da Cultura a máis de 1.000 persoas que gozaron en familia da sétima edición da Holi Gaiás, unha proba de carácter lúdico que transcorreu polos espazos exteriores do complexo baixo unha poeira de cores para celebrar a primavera.