López Campos aborda coa súa homóloga en Andalucía vías de colaboración entre ambas as dúas comunidades
Vigo, 10 de xuño de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza coa consejera de Cultura y Deporte de Andalucía, Patricia del Pozo, para explorar distintas vías de colaboración entre ambas as dúas Comunidades co fin de levar a cabo proxectos conxuntos, aproveitando a cooperación entre os dous Gobernos autonómicos na exposición inaugurada onte no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
