O fondo da Xunta para a atracción de rodaxes distribúe 2M€ entre sete novas películas e series con Galicia como escenario
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia acaba de publicar as últimas concesións ao abeiro da convocatoria de 2024 do seu fondo para a atracción de rodaxes, que impulsa con 2.000.000 euros a filmación de sete novas películas e series en diferentes localizacións galegas. Tres dos títulos subvencionados finalizaron xa a súa filmación no segundo semestre do ano pasado, mentres que as catro restantes a teñen prevista ao longo de 2025.
