Ana Ortiz visita as obras de restauración do Templo Votivo do Mar en Panxón
Nigrán (Pontevedra), 17 de xaneiro de 2025
Nigrán (Pontevedra), 17 de xaneiro de 2025
Negreira (A Coruña), 17 de xaneiro de 2025
O Auditorio Afonso Eanes do Cotón estréase a próxima fin de semana como escenario da Rede Galega de Teatros e Auditorios coa peza de Talía Teatro Unha inimiga do pobo, que se representará o sábado 25 de xaneiro ás 21,00 horas. O Concello de Negreira incorpórase así ao circuíto de espectáculos promovido polo Goberno galego en colaboración coas entidades locais asociadas, cunha programación que levará á vila durante os próximos meses outras catro propostas escénicas producidas en Galicia.
Lugo, 17 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do concerto ‘Minimalismo, Ensemble de clarinetes e danza’, que acollerá o próximo luns 20 de xaneiro o auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo. No acto estiveron tamén o director deste centro, Borja Durán, e a directora do Conservatorio Profesional da Danza, Cristina Lata.
Padrón (A Coruña), 17 de xaneiro de 2015
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o “relevante labor” da Fundación Pública Camilo José Cela “na dinamización cultural de Galicia”. Fíxoo durante a súa intervención na xuntanza ordinaria do Padroado desta institución, na súa sede en Iria Flavia, tras participar na ofrenda floral co gallo do 23 cabodano do pasamento do escritor padronés.
Murcia, 17 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra: Paisaxe da auga para ser recoñecida como Patrimonio Mundial da Unesco en 2026. Así o asegurou a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, na súa participación hoxe no Consello do Patrimonio Histórico, que se está celebrar durante estes días na cidade de Murcia.
Vigo, 17 de xaneiro de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitaron este venres as instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) no que se celebrará mañá (17:00 horas) o VII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo coa participación de 14 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu no Salón Teatro de Santiago de Compostela á estrea do espectáculo teatral inclusivo Nada se sabe, coproducido polo Centro Dramático Galego e Culturactiva.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025
Coristanco (A Coruña) 16 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe as novas instalacións da Biblioteca Municipal de Coristanco, tras os traballos de mellora e ampliación levados a cabo no espazo que ocupa no Edificio de Servizos Múltiples da localidade, e para o que o Concello recibiu unha achega de 100.00€ a través dun convenio coa Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025
A convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia centrada no fomento da participación de grupos de música galegos de todos os estilos nos festivais que se celebran no noso territorio permitiron o pasado ano 32 contratacións de 30 artistas en catro eventos, que foron os adxudicatarios finais desta liña de axudas.