O CGAC arranca a tempada expositiva de 2025 coa obra fotográfica de Mar Caldas

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe a exposición Mulleres, traballo e memoria coa obra fotográfica de Mar Caldas. Trátase dunha mostra comisariada por Monse Cea coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea arranca a tempada expositiva de 2025.

Galego

A Cidade da Cultura lanza un programa expositivo protagonizado pola innovación nas artes dixitais e o impulso ás itinerancias en cidades e vilas galegas

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou esta mañá o programa expositivo da Cidade da Cultura de Galicia para este ano, que propón unha trintena de mostras, instalacións inmersivas e intervencións artísticas que abrirán as súas portas nos diferentes espazos do Gaiás, pero que chegarán tamén a vilas e cidades de Galicia, así como a Madrid e outros lugares fóra da nosa comunidade.

Galego

A Xunta financia a programación escénica e musical de Vigo con 29 funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Vigo, 30 de xaneiro de 2025

A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe á oferta cultural da cidade de Vigo, no marco da que este primeiro semestre do ano terán lugar 29 funcións con propostas de teatro, danza, música, maxia e circo cofinanciadas pola Xunta de Galicia. A programación ábrese mañá co espectáculo ao aire libre Hexagonum, que terá lugar desde 20,00 horas entre o Paseo de Alfonso e a rúa do Príncipe.

Galego

A Xunta celebra o Día da Ilustración cunha exposición sobre a traxectoria artística de Xosé Vizoso, o autor homenaxeado este ano

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo coa que a Xunta de Galicia celebra o Día da Ilustración, efeméride coa se conmemora a data de nacemento de Castelao e que este ano está dedicada ao artista de Mondoñedo,  autor de obras icónicas como cartelista e muralista e que traballou man a man con Isaac Díaz Pardo durante 40 anos en Sargadelos.

Galego

A Xunta concede o VII Premio CGAC de Investigación e Ensaio ao doutor en Historia da Arte Sergio Mejide

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

A Xunta vén de conceder o VII Premio CGAC de investigación e ensaio ao doutor en historia da arte Sergio Mejide, polo traballo Parlamentos de xeo (e outras friccións teóricas da arte do século XXI) que acadou a máxima puntuación por parte do xurado. O Diario Oficial de Galicia publica a resolución deste galardón, dotado con 3.000 euros.

Galego

CULTUREARTE

Charla - coloquio na que Martín Camba, policía local de Santiago, falará dun xeito didáctico e distendido sobre os riscos que pode conlevar sair unha noite de festa ou facer botellón.
Un manual para saber que hacer e que non en diversas situacións.

Galego

O prestixioso informe da Fundación Contemporánea elixe o Gaiás como insignia da cultura galega en 2024

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

A Cidade da Cultura acaba de ser elixida como insignia da cultura galega en 2024 polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia, repetindo o posto do 2023, como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Trátase dun recoñecemento que foi entregado hoxe en Málaga á directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. 

Galego

A Xunta inicia en Vigo a programación conmemorativa do ‘Ano Castelao’ nos centros escolares

Vigo, 29 de xaneiro de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe no instituto Castelao de Vigo nunha das primeiras programacións escolares, impulsadas co apoio da Xunta de Galicia para festexar o Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do pasamento deste intelectual galeguista.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS