As bibliotecas da Xunta festexan o Día das persoas usuarias con visitas comentadas, contacontos, concertos e premios aos lectores máis activos
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia conmemora mañá, sábado, día 11, o Día das persoas usuarias das bibliotecas. Para este festexo contan cunha variada programación, que nalgúns casos botará a andar hoxe mesmo, co obxecto de achegar estes servizos á cidadanía, a través de visitas comentadas ás súas instalacións, contacontos, concertos e recoñecementos ás lectoras e lectores máis activos durante o ano pasado.
